O curso 2018-19 nas Escolas Deportivas Municipais de Foz dará comezo o 1 de outubro. A reunión de presentación será o 27 de setembro.

O curso 2018-19 nas Escolas Deportivas Municipais de Foz comezará o vindeiro luns, día 1 de outubro, e desenvolverase ata o 31 de maio de 2019. A reunión de presentación terá lugar este xoves, día 27, ás 18:00 horas na Casa da Cultura focense.

Nas Escolas Deportivas Municipais de Foz poderán participar todos os nados entre os anos 2014 e 2002, ambos inclusive. Os alumnos deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da Seguridade Social coa ficha. 

As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; e 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento. As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude.