O Desfile de Entroido en Burela será o 23 de febreiro pola tarde. Ao final haberá chocolate e croissants gratis na carpa da praza do Concello.

Burela acollerá a celebración do seu desfile de entroido este domingo, 23 de febreiro, ás 17:00 horas con saída da rúa do Ril e chegada á praza do Concello, pasando pola avenida Arcadio Pardiñas e Eijo Garay.

As inscricións poden facerse ata o día 21 nos números de teléfono 982 581 141 e 647 136 673, a través da dirección casadaxuventude@burela.org ou no local social da SCR Ledicia o mesmo domingo do desfile, dende as 15.30 horas.

Ao final do desfile haberá chocolate e croissants gratis na carpa da praza do Concello, a entrega de premios e animación musical con Eventec.

Haberá premios, na categoría Infantil Individual: 90€ para o primeiro e 40€ para o segundo; Parella: 100€ para o primeiro e 60€ para o segundo; Grupo: 200€ para o primeiro, 100€ para o segundo e 50€ para o terceiro; e Carrozas: 500€ para o primeiro e 250€ para o segundo. Na categoría de Adultos Individual: 120€ para o primeiro e 50€ para o segundo; Parellas: 150€ para o primeiro e 100€ para o segundo; Grupos: 250€ para o primeiro, 150€ para o segundo e 100€ para o terceiro; e Charangas e Comparsas: 500€ para o primeiro e 250€ para o segundo.

O luns 24 de 16:00 a 20:00 horas na antiga praza de abastos celebrarase un obradoiro infantil de cociña, impartido polas monitoras de Gaia. Ás 22:30 horas na carpa da praza do Concello haberá actuacións musicais financiadas pola CCA Burela.

O martes 25 de 16:00 a 21:00 horas na carpa da praza do Concello, terá lugar un desfile infantil con photocall, pintacaras, música e inchables.

E o  mércores 26 ás 20:00 horas será o enterro da sardiña que sairá do Mesón do Poeta, pasando por Eijo Garay, Rosalía de Castro, rúa da Lamestra e chegará ao areal do Penoural.