O II Festival Músico Vocal Arcadio Mon terá lugar en Alfoz o 3 de agosto e nel participarán famosos artistas do panorama musical galego.

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) organiza o II Festival Músico Vocal Arcadio Mon que se celebra en Alfoz o 3 venres de agosto.

Este ano o festival será no adro da igrexa de San Pedro, no mesmo lugar no que ao día seguinte se celebrará a famosa Festa dos Choferes, e nel participarán famosos artistas do panorama musical galego ademais de celebrarse o concurso para novos talentos musicais como o ano pasado.

A organización fai un chamamento aos xoves con menos de 20 anos que canten ou toquen algún instrumento musical, para que se anoten a este concurso. As persoas interesadas poden facelo no correo electrónico peinoster@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 619 38 99 97.

Os organizadores pretenden que este festival perdure no tempo e sirva de recordatorio das facetas artística e educativa que Arcadio Mon levou a cabo durante a súa vida.

Este festival realízase coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello de Alfoz.