O Pozo da Ola, en A Pontenova, acolle o 1 de setembro actividades fluviais e gratuítas da Deputación de Lugo.

O Pozo da Ola da Pontenova acolle mañá, sábado dia 1 de setembro, dende ás 17:00 ata as 20:00 horas,as actividades lúdicas, deportivas-fluviais, gratuítase abertas para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva entreos meses de xullo a setembro a Concellos da provincia. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío CamposConde convidou a todos os veciños e visitantes a achegarse a este entorno natural, para pasar un día de lecere desfrutardestas actividades completamente gratuítas e abertas para todos os públicos.Esta iniciativa converterse nunha alternativa ao turismo de praia, e taménofrece a todos os visitantespoder descubrir as posibilidades de lecer dos nosos ríos.

Actividades e seguridade
A programación de actividades deportivas fluviais, que é gratuíta e para todos os públicos, desenvólvense en espazos naturais, e inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs... animaciónsmusicaise xogos populares.Cada sesión,que terá unha duración de entre tres e catro horas, contará coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores. Xa se celebraron sesións nos Concellos de Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Láncara e Trabada. As persoas que non saiban nadar terán queir acompañadas.

IV Edición da Feira da Malla
Ao carón do Pozo da Ola, tamén se celebra durante esta xornada, a IV Edición da Feira da Malla, unha citacoa que colabora a Deputación e que incluirá demostracións con malles (un apeiro manual para bater o cereal e extraer o gran). Os traballos comezarán ás 12:00 horas, seguiran pola tarde, tras unha parada para a sesión vermú e a comida.