O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá unha festa magosto o 26 de novembro.

O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá unha festa magosto este sábado, 26 de novembro.

As actividades empezarán ás 16:30 horas con talleres de outono para os nenos e nenas que se desenvolverán ata as 18 horas, cando haberá merenda con chocolatada. E ás 19 horas farase un bingo familiar. 

Esta festa está organizada pola Anpa do colexio Juan Rey coa colaboración do Concello de Lourenzá, que aporta os biscoitos e o chocolate para a merenda. As actividades son gratuítas para @s soci@s da Anpa e os demais terán que pagar 5 euros por persoa. 

A alcaldesa, Rocío López, anima “a tod@s a asistir, a participar no magosto e a colaborar coas actividades que organiza a Anpa do colexio Juan Rey”.