O Valadouro celebra o Festival da Terceira Idade o 13 de maio. Haberá xantar, sorteos e baile.

O Departamento de Servizos Sociais do Concello do Valadouro organiza o Festival da Terceira Idade que se celebrará o 13 de maio, sábado, no pavillón polideportivo municipal.

O prazo para as inscricións remata o 8 de maio e deben facerse nas oficinas municipais de 9:30 a 14:00 horas ou a través do teléfono 982.57.40.00.

As actividades empezarán ás 13:00 horas coa recepción e aperitivo amenizados polos Acordeonistas da Mariña. Despois haberá xantar, sorteos e baile amenizado polo grupo Montreal.