O Valadouro conmemora o Día Internacional da Danza o 29 de abril. Será cun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura.

O Concello de O Valadouro conmemora o Día Internacional da Danza o día 29 de abril.

Baixo o lema de Somos un país que baila. Disfruta. Danza  o 29 celebra a xornada cunha serie de actividades coa Asociación Cultural Amado Lar e o Club de Baile Deportivo Goldance. Darán comezo ás 20:30 horas e terán lugar na Casa da Cultura de O Valadouro.

Para rematar celebrarase unha master class gratuíta de baile social a cargo de Dimas Fernández Ron, profesor da Escola Goldance.