O XIV Festival das Minas de A Pontenova celebrarase o 11 de decembro. Haberá música, comida e visita á Mina Consuelo.

 A ACD As Minas organiza la décimo cuarta edición do Festival das Minas, en A Pontenova, que se celebrará o 11 de decembro.

O programa de festexos dará comezo ás once da mañá coa apertura e visita da Mina consuelo para espeleólogos federados. O número de prazas é limitado.

Ás 21:00 horas haberá unha churrascada popular ao prezo de 16 euros. As prazas son limitadas. A xornada rematará coas actuacións musicais, a partir das once de noite, de La Movida, Eco das Minas e DJ Local. Aplicaranse as medias covid e os aforos serán limitados.

Colaboran na organización deste evento: Concello de A Pontenova e Deputación de Lugo.