A Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro actúa en Cervo o 28 de novembro.

O Concello de Cervo programa para este domingo, 28 de novembro, o concerto que ofrecerá a Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro. A actuación terá lugar na Praza dos Campos de San Ciprián ás 13:30 horas.

Este concerto inclúese no ciclo A Caixa de Música que o Concello de Cervo inauguraba o pasado mes de outubro e que se desenvolverá, en diferentes puntos do concello, con varias actuacións de música clásica e de bandas ao longo dos vindeiros meses. Este ciclo pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos celebraranse en fins de semana e festivos á hora do mediodía.