Os días 16 e 17 de setembro celébrase a tradicional Romaría da Santa Eufemia no burgo de Trasbar, en Cervo.

Tras dous anos de parón o burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coas súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante dous días: o venres 16, e o sábado 17 de setembro.

Dous días de festa
Os actos comezarán o venres día 16, día da patroa, ás 23.00 horas, con Conxuro Discomóvil como encargada da verbena.
O sábado 17, os actos comezarán ás 10.00 horas da mañácunha andaina ata a capela antiga de Santa Eufemia situada no mesmo burgo. A misa, será ás 13.00h, cantada polo coro de Cervo, a continuación procesión. A sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo do humorista Oswaldo Digón e Conxuro Discomóvil. Xa pola noite, o grupo M-5 Galicia e Conxuro Discomóvil serán os encargados da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde, dando por rematado con isto o programa festivo deste ano. 

Agradecementos
Dende o colectivo veciñal agradecen moi especialmente a Estrella Galicia polo apoio prestado para a recuperación da nosa verbena, que de outro xeito, non podería haberse levado a cabo, así como o esforzo que fan os veciños de Trasbar colaborando cos preparativos e, tamén dun xeito especial,ao Concello de Cervo.