Os días 16 e 17 de xullo o campo de Boavista, no Vicedo, acollerá o V Torneo de Veteranos e o II Maratón F7.

Desde a organización animan á participación: “non dubides en apuntarte e crear un equipo cos teus amigos para pasalo ben co mellor deporte. Haberá premios en metálico para os gañadores”. E haberá trofeos para os máximos goleadores, para os mellores porteiros e para o xogador máis veterán. 

Os partidos serán no Campo Boavista Folgueiro. 

Os eventos están organizados pola Unión Deportiva Folgueira e colaboran o Concello do Vicedo e a Deputación de Lugo.