Os días 22 e 23 de marzo celebrarase o Mercado de Primavera de O Valadouro. Haberá desfiles, ruta de tapeo e a actuación de Susana Seivane.

O venres, día 22, ás 21:00 horas, terá lugar a lectura do pregón que correrá a cargo de Manuel Lourenzo. Posteriormente actuarán Miro Casabella e A.C.M. Dambara, haberá baile en zocas coa A.C. Amado Lar e inaugurarase a exposición Pintores do noso Val. Ás 23:00 horas será o II Zoc&Roll con Cuarta Xusta & Zënzar.

O sábado 23 das 10:00 ás 13:00 horas, celebrarase a 2ª Xuntanza Automóbiles Clásicos Val do Ouro. Ás 11:30 horas será o pasacalles e bailes coa A.C. Amado Lar, o desfile de zocas, zocos e vestimenta, e a sesión vermú coa A.C.M. Dambara e Escolma de Meus.

O sábado pola tarde a partires das 16:00 horas, haberá actividades infantís e familiares e desde as 18:00 horas actuarán polas rúas Festicultores Troupe e Charanga Mekánica.

A xornada rematará co concerto que, desde as 24:00 horas, ofrecerá Susana Seivane dentro da súa xira 20 Aniversario. Tamén actuará Ruxe-Ruxe.

No Mercado de Primavera de O Valadouro haberá ademais fotoenxebre, escaparates tradicionais, demostración de oficios, ludoenxebre e ruta de tapeo.