Os días 26 e 29 de decembro a música será a protagonista en Ribadeo. Hai programados dous concertos e o Festival de Panxoliñas.

A música será a protagonista os vindeiros días en Ribadeo. 

O primeiro dos concertos terá lugar o 26 de decembro ás 13:00 horas no Cine Teatro, coa actuación de La Habitación de la Música e forma parte dun ciclo coorganizado polo Concello coa asociación cultural Bruar. 

Ademais o mércores, 29 de decembro, actuará Two Faces, ás 20:30 horas, no Cine Teatro.

Ambas actuacións contan co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. 

E tamén este domingo ás 20:45 horas na igrexa parroquial celebrarase a XXVI edición do Festival de Panxoliñas coas actuacións do Coro Infantil e Xuvenil Sagrado Corazón de Ribadeo, o Conxunto Vocal Lugh de Lugo, o Coro Villa de Boal de Asturias e a Coral Polifónica de Ribadeo, que é a anfitrioa do evento.