Os días 29 e 30 de xuño celébrase en Foz a 5ª Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto. No evento repartiranse 1.000 euros en vales de compra.

O CCA de Foz continúa así conmemorando o seu trinta aniversario. 

O sábado a mediodía haberá sesión vermú con música en directo. Os que se acheguen á cafetería Mayros poderán disfrutar da actuación de Contrabando e os que vaian a Xoyma escoitarán a Os Alcántara. 

Na quinta edición da Festa Vintage sortearanse 1.000 euros en vales de compra, dous por importe de 200 euros, un de 100 euros e dez vales de compra de 50 euros cada un.
Os clientes dos establecementos asociados recibirán os vales para participar no sorteo polas compras realizadas entre os días 22 e o 30 de xuño. Este sábado ás 20:30 horas na carpa instalada diante do Concello haberá unha actuación musical a cargo de Sons Varadero. Posteriormente, ás 20:45 horas, celebrarase o sorteo en directo dos 1.000 euros en vales de compra.

Antes, desde as cinco da tarde na carpa haberá unha urna para depositar os boletos e así participar no sorteo. 

Ademais os días 29 e 30 terá lugar tamén un Tapeo Vintage. Os locais hostaleiros participantes servirán tapas ao prezo de 1´5 euros, a partir das 20:00 horas, e o sábado tamén ao mediodía, entre as 13:00 e as 15:00 horas.

A 5ª Festa Vintage está organizada polo CCA de Foz, que conta coa colaboración do Concello de Foz, a Xunta de Galicia, Radio Foz e a FCAM.