Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas Minas da Pontenova o 25 de abril.

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro pola ruta das Minas, na Pontenova, o 25 de abril. A saída será ás 9:00 horas de Foz (diante de Cenor) e de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 23 de abril nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 e no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, máscara e lanterna para poder camiñar por algún túnel, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio cunha distancia de 12 quilómetros. Se o tempo o permite, os participantes xuntaranse para comer cumprindo os protocolos da pandemia.

O Concello de Foz colabora coa organización deste evento.