Ourol organiza o 3 de setembro unha excursión ata o Faro de Fisterra para as persoas empadroadas nese concello.

O Concello de Ourol organiza o vindeiro 3 de setembro unha excursión que pasará por Pontemaceira, pola Cascada do Ézaro e finalmente chegará ao Faro de Fisterra. 

Sairase as 7:30 horas de diante do Concello. A excursión é gratuíta e está destinada ás persoas empadroadas en Ourol. Non ten límite de idade, pero os menores deberán ir acompañados dun adulto.

O número de prazas está limitado a 51, que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas en anotarse teñen ata o 30 de agosto e poden facelo nos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 (Servizos Sociais).