A parroquia cervense de Rúa celebrará o San Xoán con churrascada, verbena e caipiriñas. Será no campo da festa.

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes  a gozar do San Xoán da parroquia de Rúa, dan man da súa Asociación de Veciños.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os representantes da asociación Miguel Balseiro e Pilar Rivas, presentaron o evento que se celebrará o sábado, 23 de xuño, desde as 20:00 horas no campo da festa, no recinto da escola de Rúa.

Servirán racións de churrasco, chourizo e torresmos de balde para os socios, e por un prezo de 6 euros para os non socios. Os tickets poñeranse á venda no propio recinto ás 19:00 horas.

A festa estará amenizada polo grupo Diamantes, e desde a asociación apuntaron que tamén se elaborarán caipiriñas.