Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta pola Senda do Oso, en Asturias, o 10 de marzo. A inscrición péchase o día 8.

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 10 de marzo, unha ruta pola Senda do Oso.

Esta andaina en Proaza-Teverga, en Asturias, ten unha lonxitude de 13 quilómetros e é de dificultade baixa.

O prezo para os socios é de 20 euros e 25€ para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.

Para poder asistir é imprescindible anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves 8 de marzo, ás 20:00 horas.