Pasada das Cabras organiza para o 22 de xullo a Ruta Nocturna entre San Cibrao e Burela. Ao remate chocolate con churros para os asistentes.

A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o sábado, día 22 de xullo,  a Ruta Nocturna de San Cibrao a Burela. O percorrido será de 9 quilómetros e dificultade baixa.

A saída será ás 22,00 horas da Estación de Autobuses de Burela e ao chegar a San Cibrao voltaremos andando ata Burela onde haberá ao remate chocolate con churros na Heladería Yöglio, totalmente gratuíto para todos os que fagan a ruta.

Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 20.