Pepe Peinó presenta o libro "Vinte obras de teatro afeccionado" o 16 de abril en Alfoz. Xunto a él estará Manuel Lourenzo.

O autor e actor de teatro Pepe Peinó presenta o seu libro Vinte obras de teatro afeccionado, o 16 de abril ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz.

Pepe Peinó ten escrito máis de medio centenar de obras de teatro cómicas que se representaron por decenas de escenarios da provincia de Lugo e do occidente asturiano. O autor fixo unha escolma de vinte desas obras que recolle nesta publicación que agora presenta.

O prólogo do libro é obra de Manuel Lourenzo e Pepe Blanco das ilustracións. Pepe Peinó manifesta o seu agradecemento a ambos, e cualifica a Manuel Lourenzo como “mestre insigne no eido teatral”, e de Pepe Blanco di que “é o incomparable artista que durante tantos anos deseñou os debuxos da fábrica de Sargadelos”.

A presentación correrá a cargo de Matías Nicieza, e nela Pepe Peinó estará acompañado por Manuel Lourenzo e compañeiros de escenarios para representar tres fragmentos das obras que saen no libro. Éstas foron representadas polo grupo teatral Raiolas, polo grupo de teatro xuvenil A Maseira, polo grupo de teatro do instituto Alfoz-Valadouro e polo grupo teatral O Centiño de San Martiño entre outros.