A praza do Souto, de Cervo, acollerá o 10 de xuño unha concentración de vehículos Alfa Romeo.

O Concello de Cervo recibirá o vindeiro sábado, 10 de xuño, a visita dunha caravana de Alfa Romeo, formada por quince vehículos clásicos procedentes de diferentes puntos da xeografía española.

A expedición fará un percorrido por diferentes zonas do noso Concello, como o núcleo de San Ciprián, ou unha visita á fábrica de Sargadelos; xantarán en Cervo, onde a partir das 14:00 horas concentrarán os diferentes vehículos na Praza do Souto, que tamén acollerá a presentación dos dous últimos modelos desta Marca, que estarán dispoñibles para que os poidan probar os asistentes que o así o desexen.