A programación de Nadal do Concello de Viveiro inclúe ata o 7 de xaneiro teatro, contacontos, maxia, música, a Trastienda de Nicomedes e a presenza dos Bolechas.

Este venres, 21 de decembro, o Concello de Viveiro continúa coa súa programación de Nadal coa actividade O baúl do mago, que estará nas inmediacións dos Xardíns Noriega Varela en horario de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas, dirixida ao público familiar.

O sábado, día 22, na Biblioteca Municipal, haberá contacontos con La sala de Catapunchimpún, para nen@s a partir de 5 anos. Ese mesmo sábado ás 21:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, celebrarase o Concerto de Nadal a cargo da Banda Municipal de Música de Viveiro.

O domingo 23 ás 18:30 horas no Teatro Pastor Díaz actuarán Os Bolechas co espectáculo Nadal polo norte. O luns 24 será a Festa de Papá Noel na Praza Maior.

O venres 28 ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz celebrarase a Noite de Maxia e Hipnose. O sábado 29 ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal terá lugar a actividade Xogando co Nadal, contacontos e obradoiro para nen@s a partir de 5 anos.

O 4 de xaneiro ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz será a Gala Talent con Joni Ramos, César Brandon y Shado. O sábado 5 celebrarase a Cabalgata de Reis Magos con saída dende Celeiro, pasará por Covas e rematará en Viveiro.

Ademais, dende o 20 de decembro ata o 4 de xaneiro, na Sala Multiusos do Concello estará a Trastienda de Nicomedes. Tamén dende o 21 de decembro ata o 7 de xaneiro nas inmediacións dos Xardíns Noriega Varela permanecerá Divernadal con atraccións para os máis pequeniñ@s.