A programación do Entroido de Xove terá lugar do 18 de febreiro ao 4 de marzo. O desfile será o 25. A inscrición está aberta.

O programa do Entroido de Xove terá lugar do 18 de febreiro ao 4 de marzo. O desfile será o 25.

Estas actividades van comezar esta semana, concretamente o sábado 18 de febreiro coa apertura da exposición de fotogrfía Homes e bestas, que recolle preto de 50 fotografías realizadas polo fotoperiodista José María Alvez e por Sergio López, este último fundador de Foto Sergio de Burela, finado hai xa uns anos. Esta mostra estará aberta ata o 4 de marzo, diariamente en horario de 18:00 a 21:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico.

O 24 de febreiro a Concellería de Servizos Sociais organiza o  Festival de Entroido da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de  Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.

Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o 25 de febreiro. O programa para este día é o seguinte:
   -16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da charanga Aturuxo, de Ribadeo.
   -17:00 horas.- Desfile de Entroido polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico.
   -18:30 a 20:30 horas.- Baile infantil de disfraces coa discoteca móbil Decibelios no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile  faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.
   -22:30 horas en diante.- Baile de disfraces coa actuación do grupo Fénix e a discoteca móbil Decibelios no Pavillón Municipal de Deportes.  Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.

A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuíto.

A inscrición para participar no Desfile de Entroido de Xove xa está aberta e hai que realizala:
      -No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 24 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
      -O mesmo día do desfile (25 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 6 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola organización.

As Bases e a Convocatoria do Desfile poden atoparse na páxina web do Concello: www.xove.es.

Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha carpa que cubra practicamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.