As San Lucas 2018 celebraranse en Mondoñedo do 17 ao 21 de outubro. O cartel anunciador xa foi presentado.

A comisión organizadora das Feiras e Festas das San Lucas en Mondoñedo ven de presentar o cartel anunciador destes festexos que se celebrarán entre os días 17 e 21 de outubro.

O cartel foi creado, un ano máis, polo mestre e Fillo Predilecto da cidade, Xosé Vizoso. O presidente da asociación organizadora das San Lucas, Miguel Souto, defíneo como “unha obra de arte que contribúe a darlle maior grandiosidade ás feiras máis antigas de Galicia”.

A comisión organizadora das San Lucas 2018 adianta que no programa deste ano haberá dous concertos, un deles gratuíto. Unha desas actuacións será dun grupo internacional que ofrecerá unicamente este concerto en Galicia. A outra actuación correrá a cargo dun grupo de música galega.