A VII Ruta Cabalar do Vicedo desenvolverase o 4 de xuño. Inscrición aberta ata o día 1.

A VII Ruta Cabalar do Vicedo desenvolverase o 4 de xuño. Está organiza pola asociación de Cabaleiros Rías Altas, do Vicedo, e conta coa colaboración do Concello vicedense, do Mesón O Remo e o restaurante Area Grande. 

A saída será ás 10 da mañá desde a Casa da Cultura / Mesón o Remo. 

A inscrición poderá realizarse ata o 1 de xuño nos seguintes teléfonos: 677 452 735 (Alejandro) e 652 399 628 (Óscar). Haberá xantar ás tres da tarde, que estará amenizado por un dúo musical. O prezo será de 20 euros por persoa. 

Desde a organización subliñan que cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo.