A VII Ruta Ecuestre da Pontenova celébrase o 15 de abril. Tamén haberá xantar e música.

A Pontenova acollerá o 15 de abril, sábado, a sétima edición da ruta ecuestre organizada por Equus Norte e o Concello da Pontenova.

A saída será ás 10:00 horas dende a área recreativa do Pozo da Ola e haberá comida no hotel restaurante San Briz. A música correrá a cargo de Pedro BRMUDZ.