Xa está na rúa o libro das festas patronais de Ribadeo, que inclúe o programa de actividades dos festexos e varios artigos de colaboradores.

Xa está na rúa o libro das festas patronais de Ribadeo, que inclúe o programa de actividades dos festexos e varios artigos de colaboradores.

No libro programa anúnciase que a festividade do copatrón, San Roque, celebrarase o día 16 deste mes de agosto con estas actividades: ás once e media da mañá sairán da Oficina de Turismo os Cocos e Cabezudos acompañados do grupo de gaitas de Amigos da Gaita; ás doce do mediodía haberá misa solemne na capela de San Roque, seguida de procesión e concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo; e a partir das dez da noite terá lugar a festa verbena a cargo do grupo Félix e da discoteca móvil Blanco y Negro.

Do 17 ao 22 de agosto haberá Mercado Pirata no parque de San Francisco.

Do 31 de agosto ao 3 de setembro celebrarase o primeiro Torneo de Pádel Festas Patronais de Ribadeo organizado polo Club de Tenis.

O 2 de setembro, sábado, ás 20:30 horas no Cine Teatro terá lugar o pregón das festas a cargo de Celia Castro Fernández , catedrática de Historia da Arte na Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, de Lugo. Deseguido actuará a Coral Polifónica de Ribadeo. Ese día tamén se celebrará unha carreira popular organizada polo Club Atletismo Ribadeo en colaboración con comisión de festas da vila.

Os festexos continuarán o 6 de setembro, xornada na que haberá o Día Infantil a partir das 16:30 horas no Cantón, co Parque Diverneno, que incluirá tobogán de auga, taller de chapas, inchables e festa da espuma. E ás 20:30 horas no Quiosco da Música do parque de San Francisco presentarase o cuarto disco CD de José Pulpeiro Doval O Gallopín.

O 7 de setembro, véspera da patrona, ás 11:30 horas sairán os Cocos e Cabezudos desde a Oficina de Turismo, acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha. A partir das 19:30 horas haberá pasacalles a cargo do grupo de música tradicional Tirapadiante. E ás 22:30 horas empezará a festa verbena amenizada polas orquestras Gran Parada e La Ocaband. Ás doce da noite terá lugar a tradicional sesión de fogos artificiais no peirao.
O día da patroa, 8 de setembro, ás 12 do mediodía haberá misa solemne na igrexa parroquial de Santa María do Campo cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo, seguida de procesión y despois concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Ás 22:30 horas comezará a festa verbena, que estará amenizada polas orquestras D´Moda e Venezia.

E o 9 de setembro das cinco ás sete da tarde no Cantón haberá actividades dirixidas polo persoal do Centro Deportivo Ribadeo Be One. E ás 22:30 horas empezará a festa verbena coas orquestras Nueva Fuerza e Alma Latina.

Ademais do programa dos festexos, o libro das festas patronais de Ribadeo inclúe o saúdo do alcalde, Fernando Suárez Barcia, e artigos da comisión organizadora dos festexos, do Club Atletismo Ribadeo e de Primi Nécega, Carmen Cruzado, Arturo Mogo, Eduardo Gutiérrez, Francisco José Campos Dorado, Ubertino da Casale e Roberto R. Rodríguez, ademais dunha recompilación de fotografías antigas de Ribadeo.