Xa está todo listo en San Ciprián e en Cervo para a Cabalgata de Reis. Tamén o 5 de xaneiro haberá teatro no salón de actos do Concello.

Os Reis Magos sairán este domingo, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas do Pavillón da Veiga de San Ciprián, e logo recibirán aos pequenos na Casa da Cultura.

Os Magos de Oriente ás 19:00 horas partirán das Escolas Vellas de Cervo. 

E a continuación o grupo de teatro O Bordelo presentará a súa nova obra: "Conquistando ilusións" no salón de actos do Concello. Será a partires das 20:30 horas.