Xa están á venda as entradas para asistir ao concerto que Luar na Lubre ofrecerá en Burela o 25 de agosto.

Xa están á venda desde o 1 de xullo as entradas para asistir ao concerto que Luar na Lubre ofrecerá o 25 de agosto en Burela. A actuación enmárcase dentro da programación deseñada pola Concellería de Cultura para a Feira do Libro.

O concerto 30 aniversario terá lugar ás 22 horas na Casa da Cultura. 

As entradas poden adquirirse desde 10 euros na Biblioteca Municipal, na Vinoteca O Traste e tamén en ataquilla.com. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a mariñáns e visitantes “a ir comprando las entradas para que nadie se quede sin ver este concierto aniversario de Luar na Lubre en Burela. Es una de las novedades de la Feira do Libro y una de nuestras apuestas para este verano”.