Xove acollerá o 1 de maio o Campionato Provincial de Fútbol Sala Infantil, que reunirá aos catro mellores equipos.

O próximo día 1 de maio a ACD.XOVE, organiza e patrocina, xunto co Concello de Xove e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a fase final do Campionato Provincial de Fútbol Sala Infatil.

Os catro mellores equipos da provincia, xogaran pola mañá as semifinais, e pola tarde o terceiro e cuarto posto e a final.

Antes de empezar a sesión de tarde, xogarase un partido de exhibición entre os Prebenxamins da Escola de Fútbol Sala da ACD.XOVE.