O 15 de xuño remata o prazo de inscrición no campamento de verán de Chao de Castro Altair, de Burela, que será en Rianxo.

O 15 de xuño remata o prazo de inscrición no campamento de verán de Chao de Castro Altair, de Burela, que será en Rianxo.
 
O grupo Chao de Castro Altair de Burela organiza un campamento para nenos e nenas en Rianxo entre os días 26 de xuño e 8 de xullo.
 
Entre as actividades programadas figuran un percorrido pola ría en barco e unha visita á illa de Cortegada, onde se atopa o bosque de loureiros máis grande de Europa.
 
Para todas as persoas que estean interesadas haberá unha reunión informativa o domingo 12 de xuño ás 19:00 horas, na Casa da Xuventude de Burela. A data límite para inscribirse é o 15 de xuño. As cotas son de 145 euros para soci@s con facilidades de pago, para os non soci@s posibilidade de pago en tres prazos de 35 euros e 48 euros máis entrada respectivamente. O pago total farase antes do día 8 de xullo. Haberá unha rebaixa do 50% para irmáns. Ata o 31 de maio a cota será 105 euros máis entrada de 63 euros e ata o 15 de xuño 144 euros máis entrada de 78 euros. Máis información nos teléfonos 685 325 153 ou 659 737 312 ou na dirección de correo electrónico chaodecastro.altair.burela@gmail.com