O CCA de Burela sortea 20 abonos do Burela FS para esta tempada. E 40 locais asociados celebran o Black Friday os días 25 e 26 de novembro.

O CCA de Burela sortea 20 abonos do Burela FS para esta tempada. E 40 locais asociados celebran o Black Friday os días 25 e 26 de novembro.
 
O Centro Comercial Aberto de Burela sortea nos próximos días 20 abonos do CD Burela FS Pescados Rubén para toda esta temporada 2016-17. As participacións xa se poden conseguir coas compras en tódolos comercios asociados de Burela. O sorteo realizarase o vindeiro xoves 1 de decembro.
 
Black Friday... & Saturday
Este venres 25 e sábado 26 de novembro uns 40 comercios do CCA BURELA celebran tamén ó BLACK FRIDAY (&SATURDAY), con importantes descontos, abrindo a maioría deles en horario especial continuo de 10 da mañá a 10 da noite.
 
Os comercios que abren en horario especial son: A Canastilla, Atmósfera Sport, Battykno, Beep, Calzados Tomás, Chamorro, Decoraciones Pura, Fragances & Colors, Halcón Viajes, Interfilm, Isabella, Isabella Outlet, Joyería Pikmar, Kayla Estética, Ktivos, Mercería Ajuar, Mercería Pacita, New Style, Nunabelle, Óptica Afflelou, Pastelería Kiko, Peluquería O Campón, Pomba Mensaxeira, Strass e Viajes Eroski.
 
Outros comercios que se unen ó Black Friday burelés, pero abrindo en horario normal, son: Belle Epoque, Canela, Caroa Moda, Celebra O Teu Día, Coco, Don Zapato, Jatay, La 5ª De Catycris, Misstic, O Dedal, Tomás Óptico, Zafiro Tours e Zalo.