O Concello de Barreiros organiza unha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira o 21 de abril.

O Concello de Barreiros organiza unha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira o 21 de abril.
 
O Concello de Barreiros, a través da Delegación Municipal de Cultura e Xuventude, organiza unha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira para o día 21 de abril, martes. A viaxe é gratuíta e o prezo do xantar e das actividades é de 15 euros por persoa.
A inscrición para participar nesta excursión estará aberta ata cubrir prazas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10 a 14 horas.