O III Mercado de Rúa terá lugar en Ribadeo os días 19 e 20 de agosto. Está organizado por Acisa e participan 34 locais comerciais.

O III Mercado de Rúa terá lugar en Ribadeo os días 19 e 20 de agosto. Está organizado por Acisa e participan 34 locais comerciais.
 
Os días 19 e 20 de agosto terá lugar en Ribadeo unha nova edición do Mercado de Rúa, que organiza Acisa. Un total de 34 locais ofrecerán a pé de rúa últimos descontos en roupa de verán, stocks doutras tempadas e outlets. Será en horario comercial. 
 
Como nas anteriores edicións, este III Mercado de Rúa terá como obxectivo sacar as tendas e os escaparates dos comercios ribadenses ás rúas para incentivar as compras e captar novos clientes. Desde a directiva de Acisa agardan que esta cita sexa un éxito ao igual que o foi hai unhas semana a Noite Flúor. 
 
Os establecementos participantes son: Anais, Bis a Bis, Bodegas Ribeirao, Bora Bora, Calzados Menfer, Chocolate Junior, Esprit, Eurekakids, Farfala, Folder, Glass, Güendolina, Hola Ola, Joyería Azabache, Joyería Modesto G, La Floristería, La Moda Hombre, Maravalla, Menos Lobos, Mercería Julia, Mercería Torviso, Mercería Vizcaya, Mika, Naná, Opticalia, PC Ribadeo, Pequerrechos,  Pippol’s, Refan, Saia, Sanjurjo, Siete Pecados, Tu y Tu.