O Pazo de Tovar será escenario este domingo, 2 de agosto, da presentación da novela histórica "Catalina de Santisso", que desenvolve parte da súa trama nas Terras de Lourenzá.

O Pazo de Tovar será escenario este domingo, 2 de agosto, da presentación da novela histórica "Catalina de Santisso", que desenvolve parte da súa trama nas Terras de Lourenzá.
 
O pazo de Tovar, en San Tomé de Lourenzá, será este próximo domingo, 2 de agosto o escenario da presentación da obra titulada Catalina de Santisso, unha novela histórica de Aurora García Rivas. A cita será ás 19:30 horas e o lugar escollido non é casual, xa que parte da acción da novela transcorre no propio Pazo de Tovar no século XVI. 
O personaxe histórico recreado na obra foi a dona da torre de San Paio de Narla e protagonista de numerosas lendas por mor da súa vida tráxica e as humillacións sufridas no seu matrimonio co señor Vasco de Seixas, dono da fortaleza de Xiá, que a asasinou acusándoa de adulterio.
Na presentación da novela intervirán José Ventoso, propietario do Pazo de Tovar, e Marián Suárez García, ademais da  autora da obra.