Os días 9 e 10 de maio terá lugar o XX Aniversario da Concentración de Motos de Valadouro, que organiza o Motoclube da localidade.

Os días 9 e 10 de maio terá lugar o XX Aniversario da Concentración de Motos de Valadouro, que organiza o Motoclube da localidade.
 
Haberá exhibicións acrobáticas, ruta turística aos eucaliptos centenarios do Souto da Retorta en Chavín (Viveiro) e actuacións musicais. 
Desde a organización sinalan que a inscrición está limitada a 200 persoas. O prezo da mesma é de 30 euros, aínda que en anticipada pódese conseguir por 28 euros.
Haberá trofeos ao 1º, 2º e 3º Motoclubes con maior inscritos, ao piloto máis lonxano e ao máis veterano, á moto máis veterana, á condutora máis lonxana, ao motorista inscrito máis xoven, á bandeira máis orixinal da concentración e aos miss e míster da concentración. 
O XX Aniversario de Concentración de Motos Valadouro está organizado polo Moto Clube Valadouro e conta coa colaboración do Concello do Valouro e da Deputación Provincial de Lugo, ademáis de comerciantes de O Valadouro, Alfoz e A Mariña.
Aquelas persoas que desexen obter máis información poden dirixirse aos seguintes teléfonos de contacto: 617 29 06 29 e 637 52 36 36.