Música
A ESMU no Cole é unha iniciativa posta en marcha pola Escola de Música Arcadio Mon de Foz na que ofrecerá varios concertos en distintos centros educativos do municipio, dos días 14 ao 19 de xuño.
O venres, día 14, a ESMU actuará no Colexio Nosa Señora do Pilar. O luns 17 estará no CEIP Fondo Nois, e o martes 18 ofrecerá un concerto no CEIP O Cantel.
A ESMU rematará esta serie de actuacións o mércores 19 no CEIP nº1 e no Colexio Martínez Otero.
Este sábado, 8 de xuño, celébrase na Basílica de San Martiño, o XIII Encontro Internacional de Corais Villa de Foz, que dará comezo ás 19:30 horas.
Participarán xunto á Coral Polifónica de Foz, a Coral Torreblanca de León e a Coral Polifónica Canto e Encanto de Canas de Senhorim (Portugal).
O encontro está organizado pola Coral Polifónica de Foz co patrocinio do Concello de Foz e a Deputación de Lugo.
O Teatro de Ribadeo acollerá mañá, sábado, ás sete da tarde a décimo segunda edición do Festival de Coros Infantís e Xuvenís da FECOGA (Federación Coral Galega). Este evento está organizado nesta ocasión polo coro do colexio ribadense Sagrado Corazón dentro das actividades que se celebran con motivo do 50 aniversarios das actuais instalacións do centro.
No festival de mañá, ademais do coro Sagrado Corazón, de Ribadeo, actuarán o Coro Xoven, de Baio; o Coro Infantil da Confraría de Pescadores de San Martiño (O Grove); e a Coraliña Cantora, de Trives.
O coro infantil e xuvenil do Sagrado Corazón, que conta na actualidade cunhas 80 voces, vén funcionando dende o ano 1984 de xeito regular, incluso fóra do tempo lectivo, e conta na súa traxectoria con varias ducias de premios a nivel nacional, autonómico e provincial...
leer másO auditorio da Casa da Cultura acollerá o 1º Festival Mar de Voces o sábado 8 de xuño.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pola edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por Amparo Pernas e Ángeles Martínez, en representación da asociación Mujeres de San Ciprián, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Cervo.
O festival, con entrada libre e previsto para as 19:30 horas, contará coas actuacións do grupo local A Rebolaxe e Cantares de Brión (coro tradicional constituído en marzo de 2010 e integrado por 65 personas; entre os seus propósitos principais está a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional).
Desde a asociación Mujeres de San...
leer másEste mércores, 22 de maio, terá lugar a presentación da Banda da Escola de Música de Burela, que se estreará no pregón das festas patronais. No acto deste mércores, que dará comezo ás 13:00 horas na propia escola, participarán xunto ao alcalde e ao concelleiro de Cultura, o director da Escola e o director da Banda.
O rexedor burelés, Alfredo Llano, manifestou que “un dos obxectivos que tíñamos nesta lexislatura, a través da Escola de Música, era conformar unha nova Banda de Música que saíra da Escola e por fin se logrou. Non é doado a creación dunha Banda, pois ten o seu espazo e o seu tempo para que conte cunha calidade e cunha cantidade suficiente de compoñentes para que sexa boa”.
Llano anunciou que “este ano imos presentar a Banda de Música cando sexa o pregón das festas, vai actuar nese acto, e vai ser...
leer másO Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial, organiza una serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas este venres, 17 de maio.
O grupo de gaitas Cántigas e Frores, de Lugo, percorrerá as rúas e os bares de Vilanova a partir das 12 do mediodía. E ás 19:30 horas, no salón de exposicións do Concello, lembrarase a figura e a obra do escritor homenaxeado nesta ocasión, Antón Fraguas.
Rematarán os actos cun recital poético a cargo da poetisa laurentina Marina Oural, con poemas de Juana de Ibarbourou, escritora uruguaia con raíces en Lourenzá.
Burela celebrará o Día das Letras Galegas a vindeira fin de semana con dúas actuacións. O sábado, día 18, a Coral Polifónica de Burela comparitá escenario xunto ás corais de Mera e A Estrada a partir das 20:30 horas na Casa da Cultura. E o domingo 19 estará en Burela Andrea Pousa que ofrecerá un concerto ás 19:30 horas. O concelleiro José Díaz subliñou que é unha das voces que máis está soando en Galicia nestes momentos.
O edil de Cultura anunciou que “imos ter dous eventos musicais en conmemoración dese día importante para a cultura galega. O primeiro vai ser o sábado, 18 de maio, ás oito e media da tarde no auditorio municipal, onde imos ter o concerto das Letras Galegas, como fixemos en anos anteriores, coa Coral Polifónica de Burela máis dúas corais que veñen invitadas que son a Coral Polifónica Estradende, de A Estrada, e a Coral...
leer másLa organización del Tentacle Summer confirma una nueva edición para este verano en Foz, será el 27 de Julio.
El evento focense cumplirá con su séptima edición este año y se presenta como una propuesta ya consolidada dentro del calendario de actividades estivales en la Mariña Lucense.
Sus organizadores llevan ya meses preparando los contenidos para esta nueva fecha en la que mantienen su última localización en la urbanización As Lagoas, tras 5 ediciones anteriores junto a la Ría de Foz.
En la edición pasada, su nuevo emplazamiento, tuvo muy buena acogida por parte del público y parece que el Tentacle inicia una nueva etapa en un recién rehabilitado y mejorado espacio entre los altos edificios de `As Torres`.
Justo se finalizaban hace unas semanas los trabajos de...
leer másEste sábado, 11 de maio, ás oito da tarde terá lugar un concerto da banda de gaitas Sons da Chaira. Será na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e enmárcase nos actos do XXV aniversario da EMMeD.
Esta xove banda de gaitas fundada no ano 2014, está dirixida por Brais Monxardín e Miguel Anxo López "Chino", e fórmana uns 35 compoñentes pertencentes ás Escolas de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.
Pese á súa curta vida, participou nos anos 2016 e 2017 no Festival de Ortigueira así como en actuacións en numerosas cidades do país. No ano 2018 foi seleccionada para representar a Galicia no prestixioso Festival Intercéltico de Lorient (Francia), onde acadou unhas inmellorables críticas pola súa calidade musical.
O repertorio de Sons da Chaira baséase na interpretación,...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto das Letras Galegas o sábado 18 de maio no Teatro ás 20:30 horas. Das oito pezas que interpretará tres delas son estreas e algunhas contarán con narración a cargo de Toni Deaño.
O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue coa súa programación anual e desta volta, coa proximidade das Letras Galegas, o sábado 18 de maio ás oito e media no Teatro terá lugar o tradicional concerto para conmemorar ese día”.
David Ballester explica que “neste concerto, como non podía ser menos, nós faremos esa homenaxe ás Letras Galegas, ás nosas letras musicais, e interpretaremos diferentes tipos de música galega, tanto muiñeiras como xotas e pasodobres. Tamén haberá tres das obras que imos interpretar que irán con...
leer más