Eventos

Etiquetas:
28/09/2023

O Alto do Cruceiro, en Xuances (Xove), celebrará a Festa do Ramo os días 6, 7 e 8 de outubro, de venres e domingo. O campo estará cuberto por unha gran carpa.

O venres a partir das 20:00 horas terá lugar a XV Festa dos Callos. Cada ración con pan e viño ten un prezo de 7 euros. E ás once da noite empezará a verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discomóbil Conxuro.

O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú coa orquestra Galia, que tamén amenizará a verbena, acompañada pola discomóbil Conxuro.

E para o domingo ás 13:00 horas está programada sesión vermú prolongada, na que actuará o dúo D’Caché.

 

Etiquetas:
28/09/2023

A presentación das festas foi onte e contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e representantes da comisión de festas de San Miguel de Galdo.

Verbenas, actos relixiosos, degustación de carne de porco á brasa… e a oportunidade de pasar un bo rato con familiares e amigos.

O sábado haberá servizo de autobús gratuíto para a verbena desde a estación de autobuses. 

 

Etiquetas:
28/09/2023

Villapercide, no municipio de Trabada, celebra as festas na honra de San Miguel esta fin de semana, desde o venres 29 de setembro ata o domingo 1 de outubro. O recinto estará cuberto con carpa.

O venres empezarán os actos ás 12:00 horas con misa solemne seguida de procesión e sesión vermú coa disco móbil The Sound Project. Pola noite haberá verbena co grupo Los Coleguitas. De 20:30 a 00:00 horas Pulpería Mario, de Lugo, servirá churrasco, polbo e xamón cocido.

Para o sábado a programación inclúe misa solemne ás 13:30 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo Superstar e a disco móbil The Sound Project, que tamén estarán na verbena.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 12:00 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo de gaitas Illa Pancha e a disco móbil The Sound...

leer más
Etiquetas:
27/09/2023

O 7 de outubro arrinca a cuarta edición deste programa de outono de visitas e rutas guiadas en torno á cultura e natureza da Mariña Lucense, A Mariña en ruta, proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro desenvolveranse 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca terá un papel destacado. Será durante as fins de semana e tamén os festivos 12 de outubro e 1 de novembro. O acto de presentación tivo lugar este mediodía no Cenima, en Foz. 

O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, subliñou que “tras o éxito de A Mariña en Ruta nos anos 2020, 2021 e 2022 con máis de 700 participantes nas 3 edicións celebradas, o proxecto pretende continuar neste 2023 dando a  coñecer a riqueza...

leer más
27/09/2023

A décimo sexta edición da Feira de Antigüidades e Artesanía da Pontenova celebrarase do 8 ao 10 de decembro (venres, sábado e domingo). Anunciouno o Concello de A Pontenova, que fixo público o cartel.

Este evento inclúe como actividade paralela unha xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos, que chega á súa sétima edición.

 

Etiquetas:
27/09/2023

Este domingo, día 1 de outubro, empeza a nova tempada dos Bailes dos Domingos na Sala Bahía de Foz. Nesta ocasión actuará José Manuel Abanico.

E xa están programadas as actuacións para os seguintes domingos de outubro: o día 8 o baile estará amenizado polo dúo Venús, o 15 actuará Aixa Romay, o 22 a música estará a cargo do dúo Matices e o último domingo do mes, o día 29, actuará Manu Contre.

 

26/09/2023

A novena edición da VespaFaba & Clásicos Lourenzá celebrarase esta fin de semana, sábado 30 de setembro e domingo 1 de outubro, durante a Festa da Faba. O evento foi presentado hoxe, martes, por unha representación dos organizadores -a asociación VespaFaba & Clásicos Lourenzá- e a alcaldesa laurentina, Rocío López García.

A primeira xornada está dedicada a scooters e motos clásicas. A partir das 10:00 horas farase a recepción e exposición na rúa Fernández del Riego; ás 11:30 haberá ximcana e probas de habilidade; ás 13:30 horas comezará a ruta e ás 15:00 no Bar Pitero terá lugar un xantar con entrega de premios e sorteos.

E o domingo os protagonistas do evento serán os coches clásicos. A partir das 10:00 horas farase a recepción e exposición na rúa Fernández del Riego; ás 13:30 horas sairá a ruta dos...

leer más
Etiquetas:
26/09/2023

O Concello de Viveiro anunciou hoxe a dixitalización de máis de 80 quilómetros de rutas de sendeirismo e paseos, dentro do programa ‘Descubre Viveiro’, para impulsar o turismo sostible e de natureza.

A presentación das rutas correu a cargo da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e Horacio Albo, de EI Estudio de Comunicación.

“Desta maneira, foméntase un turismo desestacionalizado e respectuoso cos nosos numerosos recursos naturais, o Souto da Retorta, a ruta dos Muíños de Balea, a subida aos nosos montes máis importantes, San Roque, Castelo, Penedo do Galo, o paseo fluvial, o paseo marítimo e moitos máis, evitando deste modo as masificacións nun so lugar”, explicou a alcaldesa de Viveiro.

Marisol Rey engadiu que “os visitantes poden consultar...

leer más
26/09/2023

Máis de 170 persoas da provincia de Lugo participan esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación para percorrer e descubrir diferentes recursos turísticos do territorio lucense. Pertencen a oito asociacións e uns coñecerán A Mariña e outros a Ribeira Sacra, segundo o itinerario que cada grupo elixiu para pasar a xornada. 

Este martes viaxa a asociación de veciños de Rivasaltas de Monforte de Lemos, que arranca o seu percorrido na produtora do Servizo de Audiovisuais, e, posteriormente, achegaranse aos concellos de Barreiros e Ribadeo, onde pasearán a pé polo paseo marítimo barreirense, visitarán a praia das Catedrais e o núcleo de Rinlo, e rematarán percorrido no casco histórico ribadense. Taménhoxe,os membros da asociación de veciños cultural e deportiva Os Cincos Ríos, no Corgo, coñecerán o Centro de Interpretación Terras...

leer más
Etiquetas:
25/09/2023

Raquel Queizás ofrecerá o seu espectáculo de narración oral titulado ‘Soñadora das árbores’ este sábado, 30 de setembro, ás 19:00 horas no salón de actos da Casa de Cultura de Alfoz. É para todos os públicos.

Ese mesmo día de 17:00 a 19:00 horas na biblioteca pública municipal de Alfoz terá lugar o obradoiro Pinga a Pinga, “para coñecer máis sobre a auga e o seu coidado a través de vídeos, manualidades e dinámicas de grupo”.

Está organizado polo Concello de Alfoz, que explica: “Soñadora das árbores, chamábanlle así desde pequena porque sempre estaba na póla. O que máis lle gustaba era perderse no monte para escoitar as historias que contaban as árbores senlleiras, as árbores nai. Ata que un día pedíronlle axuda!! Non o dubidou un intre, empoleirouse no vello carballo para evitar que o tallaran. E cambioulle a vida...

leer más