Do 6 ao 8 de abril celébrase a XXII Feira da Ciencia de Ribadeo, que organiza o IES Dionisio Gamallo Fierros.

Do 6 ao 8 de abril celébrase a XXII Feira da Ciencia de Ribadeo, que organiza o IES Dionisio Gamallo Fierros.
 
Este mércores, 6 de abril, ten previsto o seu inicio a XXII edición da Feira da Ciencia de Ribadeo, que abrirá as súas portas ata o venres 8 no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. O horario de apertura será de mañá, de 9:20 a 11 e 11:30 a 13:10 (excepto venres) e a entrada, libre.
 
Está organizada a visita do alumnado propio do centro, así como están invitados outros centros veciños e acollerase a calquera visitante que queira achegarse.
 
A feira ocuparaá parte das plantas primeira e segunda do centro educativo, e nela participará boa parte do alumnado do mesmo, tratando as exposicións de temas tan diferentes como a vida do xeólogo Isidoro Asensio, ligado a Ribadeo, a extracción de ADN, o equilibrio ou os coñecementos científicos da xente.
 
Como en anos anteriores, algúns dos proxectos presentados terán unha vida máis longa, sendo presentados en outras convocatorias a nivel autonómico.
 
A cita está promovida polo equipo de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química do IES. O cartel foi realizado a partir dun bocexo de Daniela Valledor Villagarcía.
 
Algunhas das actividades previstas:
No 1º piso:
1ESO.
Microscopio caseiro
Ácaro do xamón
A esfinxe da calavera
Froitas híbridas
Egagrópilas
Pigmentos das plantas
Tinguindo flores
O poder da luz
Tropismos e nastias
Buscando a luz
Transpiración vexetal
Clasificación de plantas
Tipos de follas
4ESO.
Rochas das catedrais
Evolución da cantil das Catedrais
Isidoro Asensio Amor
1bac.
Extracción de ADN
Identificación de glícidos, lípidos e proteínas
No 2º piso:
2ESO.
Física cuántica
Cámara estenopeica
Presión atmosférica
Sabores ou cores
Cambios praias
Evolución cine
Que pasa se mesturamos poliestireno e acetona?
Armas
Choiva Covelas-Santalla
Permeabilidade
Equilibrio
O globo máxico
Discoteca en ciencia
Auga que sube por unha botella
Lume que non queima
Saber da xente
Electricidade mediante eólicos e placas solares
Lámpada de burbullas
Airbag caseiro
A horta danos de comer
Explosión dun globo cunha laranxa
Coca+butano
Araña acuática
Estalagtitas
Fotosíntese
Fonte de Herón/Vaso Arquímedes
Ppo Pascal
Oxidación do ferro
Separacións
Azucre
Frecha que anda soa
Periscopio
1bac.
Ilusións ópticas animadas
pH
2bac.
Meteoroloxía
Electromagnetismo
A presión
Tubo de escape
Mortor Stirling