Publicaciones
Este venres, 17 de xullo, presentouse en Mondoñedo o libro titulado Enxeñería hidráulica do século XVIII na cidade de Mondoñedo, editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación, que explica que o volume recolle o traballo realizado por Xurxo Lorenzo, Javi Fouz, Andrés G. Doural, Miguel Chao e Magdalena Domenech arredor da traída histórica, unha infraestrutura que comezou a construírse en marzo de 1726 e que canalizou a auga ata Mondoñedo ata os anos vinte do 1928. O libro explica o proceso histórico de e construción da traída, concibida inicialmente para abastecer edificios relixiosos e fontes públicas na vila, e describe de forma pormenorizada con mapas e recursos topográficos os elementos desta infraestrutura que perduran, entre eles, as galerías polas que se conducía a rede, alxibes e decantadores.
Na presentación o deputado...
leer másEste sábado, día 18 de xullo, ás 20:00 horas o salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova acollerá a presentación do novo libro de José Antonio Gómez Martínez, titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo, “unha obra imprescindible para coñecer a historia do noso ferrocarril e o seu papel no desenvolvemento da comarca”, anuncia o Concello da Pontenova, que explica: “un volume de 416 páxinas, con 334 ilustracións e un plano despregable do ferrocarril de 80x27 centímetros, que recompila anos de investigación e documentación”.
A presentación contará coa participación de: José Antonio Gómez Martínez, autor do libro; Gabriel Ramallal Fernández, prologuista; e Darío Campos Conde, alcalde da Pontenova.
“Convidamos a toda a veciñanza e ás persoas apaixonadas pola historia e o patrimonio ferroviario a...
leer másO organismo supramunicipal explica que “son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense cun obxectivo principal: acadar un modelo turístico sostible no territorio, que xere valor para as persoas que nos visitan e tamén para a comunidade local, acadando un equilibrio beneficioso e enriquecedor para todos os axentes do sector. Agora que chega a época estival, temporada de maior presión turística no territorio da Mariña, a Mancomunidade aproveita para concienciar e sensibilizar sobre a importancia de practicar un turismo respectuoso, minimizando os impactos negativos naqueles lugares visitados. Concretamente, a Mancomunidade vén de compartir dúas publicacións lanzadas o pasado ano e que tiveron unha gran acollida por parte da comunidade local e das persoas que nos visitaron. Trátase da Guía do...
leer másA Librería Bahía, de Foz, acollerá o día 22 de xullo, mércores, ás 20:30 horas a presentación da novela titulada Punto de araña, da xornalista e escritora luguesa Nerea Pallares, gañadora do Premio García Barros 2025 e do Premio Follas Novas do Libro Galego 2026 na categoría de Narrativa. O acto celebrarase dentro do ciclo Contos e conversas e contará coa presenza da autora, que conversará co público arredor da obra. A entrada é libre ata completar o aforo.
Librería Bahía explica: “editada por Galaxia, Punto de araña é unha novela mariñeira e coral ambientada en Camariñas, na Costa da Morte. Tecida coas voces de tres xeracións de mulleres -palilleiras, redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira-, entrelaza realismo social, memoria colectiva e mitoloxía para reivindicar o papel das mulleres do mar e...
leer másXa está na rúa o décimo número de A Gaceta Ribadense, o xornal que edita Faro Norte Comunicación con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Está sendo distribuído nos negocios e institucións participantes, ademais de nos principais puntos de venda de xornais da vila ribadense.
Esta publicación, que conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares, é posible grazas ao extraordinario apoio que recibe en cada edición por parte dos anunciantes e dos autores que colaboran cos seus artigos. Neste apartado este número conta con escritos de Juan López Rico, Carlos Álvarez Lebredo, Aida Álvarez e María José Fernández Azpeitia. E recóllense ademais testemuñas e historias, en formato reportaxe ou entrevista, da pregoeira desta edición do Ribadeo Indiano, a xornalista e escritora María Xosé Porteiro; do director da Banda de Música...
leer másO libro La parroquia de A Devesa, de Antonio Cuervas-Mons García-Braga, preséntase este sábado, día 27 de xuño, ás 19:00 horas no Círculo Habanero da Devesa. O acto será conducido polo profesor Lourenzo Fernández Prieto.
O Concello de Ribadeo anuncia que “a historia, a memoria e a identidade da Devesa reúnense nunha nova publicación que afonda nas raíces desta parroquia ribadense. Co apoio da Xunta de Galicia”.
Este venres, día 26 de xuño, ás 20:30 horas terá lugar na librería Bahía, de Foz, a presentación do libro titulado Mazarelos, escrito por Manuel Portas e editado por Galaxia.
Acompañando ó autor estará o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
Este martes, día 19 de maio, terá lugar na Casa da Cultura de Burela a presentación do libro de Paco Rivas titulado Bóreas, da man da Editorial Medulia.
Será ás 19:30 horas e acompañarán ó autor Bernardo Penabade, crítico literario, e Lina Gómez, concelleira de Cultura en Burela.
A sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro acollerá a presentación do libro titulado No me rompí del todo, de María Timiraos Martínez, “un relato autobiográfico que trata a depresión silenciosa, as relacións que desgastan e a reconstrución emocional”.
O acto será este venres, día 8 de maio, ás 19:00 horas.
Este venres, día 8 de maio, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, preséntase o cómic titulado O día de San martiño, de Cristian F. Caruncho.
É unha acto organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que anuncia: “este venres 8 de maio vannos acompañar Cristian F. Caruncho e o noso veciño Xermán Viluba para falarnos do excelente cómic O día de San Martiño. Imos poder escoitalos ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Xermán Viluba xa fixo unha interesante introdución ao mundo do fanzine cando presentamos o libro Fanzines en Galiza, de Ramón Mariño, establecendo un fecundo nexo entre os anos 90, nos que el era estudante, e nos que protagonizou destacados capítulos no mundo da cultura alternativa na Mariña. Nesta ocasión vai poder mergullarse un chisco máis no...
leer más












