Certámenes
O Concello de Cervo convoca o XXVI Concurso de Postais de Nadal e o prazo de presentación de traballos remata o día 1 de decembro.
“O Nadal vaise achegando e dende o Concello de Cervo queremos celebralo coas vosas mellores creacións! Quen pode participar?
Todo o alumnado de Infantil e Primaria do noso municipio. O tema será O Nadal e a técnica é libre; deixa voar a túa imaxinación! As postais deberán facerse nunha cartolina tamaño folio, sen asinar, e entregarse acompañadas dun sobre pechado cos teus datos (nome, apelidos, idade, colexio e teléfono) na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello de Cervo. Haberá un premio por cada categoría: de 3 a 5 anos; de 6 a 9 anos; e de 10 a 12 anos”, anuncia o Concello de Cervo.
Fallo do xurado será o 3 de decembro do 2026 e...
leer másO Concello de Barreiros, dentro do proxecto Vivir o Mar: Produto Local e Deporte no Litoral de Barreiros, lanza o I Certame Escolar de Estilo de Vida Saudable, “como a actividade de peche e consolidación dos obradoiros impartidos nos colexios do municipio, onde o alumnado poderá gañar premios variados relacionados coa temática do concurso de promover un modelo de benestar integral entre a poboación infantil e xuvenil. A finalidade deste certame, titulado O mar como fonte de saúde: alimentación saudable e vida activa no litoral, é permitir ao alumnado aplicar de forma creativa os coñecementos adquiridos sobre alimentación saudable, actividade física e valorización do entorno litoral e dos produtos mariñeiros locais do Concello de Barreiros”.
“Para participar, o alumnado dos colexios onde se impartiron os obradoiros de vida...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que o I Concurso de Tute e Xogos de Mesa continuará os vindeiros 14 de novembro e 12 de decembro, sábados, tras a celebración da súa primeira xornada o pasado sábado 24 de outubro. As dúas novas citas terán lugar no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro, coa apertura da sala prevista para as 17:00 horas.
A actividade inclúe un torneo de tute por parellas e un espazo de xogos de mesa no que as persoas asistentes “poderán gozar libremente do tute, parchís e outros xogos, sen necesidade de inscrición para esta última modalidade”, explica o Concello de Viveiro, que engade: “os emparellamentos do torneo, nos que se indicará contra que...
leer másO Concello de Xove presentou o XII Concurso de Fotografía Medioambiental, unha iniciativa promovida polo Departamento de Medio Ambiente que ten como obxectivo “fomentar o interese pola contorna natural do municipio e contribuír á súa divulgación e posta en valor a través da fotografía”. As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas fotografías ata o 30 de outubro de 2026. As obras poderán entregarse no Rexistro de Entrada do Concello de Xove ou enviarse por correo postal ordinario, facendo constar no sobre a data de presentación.
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte, foron os encargados de presentar esta duodécima edición, que “volve poñer o foco na natureza, a costa e o mar de Xove, elementos que forman parte esencial da identidade e do patrimonio ambiental do municipio”.
...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este domingo, día 6 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas a Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, acollerá o I Concurso de Puzzles Sargadelos peza a peza, unha proposta novidosa impulsada por HAI LARÁN, Escape Room & Espazo Creativo.
“Un reto por parellas no que o enxeño, a concentración e o traballo en equipo serán fundamentais para completar o puzle no menor tempo posible”, explica o Concello de Cervo, que engade: “a iniciativa conta cunha excelente resposta e estímase a participación dunhas 40 parellas, que se darán cita neste escenario singular do Conxunto Histórico de Sargadelos para compartir unha mañá de diversión e creatividade.
Haberá premios para os tres mellores tempos, así como un recoñecemento ao mellor tempo local.
...
leer másEl Concello de O Vicedo tiene en marcha una nueva edición de su concurso de fotografía, cuyo plazo para entregarlas está abierto hasta el lunes 17 de agosto.
“Una oportunidad para descubrir y mostrar O Vicedo a través de vuestra mirada, con temática libre siempre que las fotografías estén relacionadas con nuestro municipio”, explica el Concello, que añade: “¡busca tu rincón favorito, captura ese momento especial y participa!”.
Hay tres premios para adultos (de 300, 200 y 100 euros) y uno juvenil (para personas de 16 a 30 años), de 50 euros.
Las bases están en:...
leer másO Concello de Xove comunica os premiados do concurso medio ambiental de fotografías Cal é o teu lugar preferido de Xove? E anuncia que a entrega de premios será o día 12 de xuño, venres.
Na categoría infantil a foto con máis me gusta é de David Burgos Peloche e titúlase O último cura de Santirso (Din que o último cura de Santirso seguía gardando un libro antigo entre as ruínas esperando que alguén lembrase a súa historia).
Na categoría junior a foto con máis me gusta é de Marcos Mariño Ferrería, leva por título Cascada e é dunha cascada cerca do cemiterio da Rigueira.
E na categoría adultos a foto con máis me gusta é de Begoña Amor Ruiz e titúlase Conduciendo hacia la noche (atardecer en Esteiro, siempre transmite tranquilidad).
... leer másEste sábado, día 23 de maio, terá lugar a entrega do II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela a Luís Rei Núñez por Elas dúas. Será en Mondoñedo, no Salón de Plenos do Concello, nun acto que presidirá o alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, onde tamén estarán presentes outras autoridades, membros da corporación, compoñentes do xurado e representantes de Galaxia, editora da novela gañadora.
Luís Rei Núñez recibirá de mans do alcalde o diploma e placa acreditativos da obtención do premio, así como tamén o primeiro exemplar publicado da obra.
O Concello de Mondoñedo lembra que este galardón lle foi outorgado por unanimidade a Luís Rei Núñez o pasado mes de decembro por un xurado composto por Ánxela Gracián, Rosalía Morlán, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, aos que se sumou como secretario con voz e...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do CIM, pon en marcha por segundo ano consecutivo o Concurso de Arte Mural pola Diversidade, unha iniciativa que “busca promover os valores da diversidade, igualdade e visibilidade do colectivo LGTBIQ+ a través da creación artística urbana”.
A concelleira Begoña Sanjurjo explica que “o certame está aberto á participación individual ou grupal de persoas naturais ou residentes en Ribadeo, sen límite de idade, co obxectivo tamén de apoiar e dar visibilidade a novos e novas creadoras ribadenses como forma de expresión cultural e artística. As propostas deberán estar inspiradas en Ribadeo e nos valores da diversidade e do orgullo LGTBIQ+, empregando técnicas propias da arte mural como grafiti, pintura mural, stencil ou similares”.
A edil de Igualdade engade: “entre...
leer másA Deputación de Lugo vén de abrir o prazo para presentar candidaturas á sétima edición dos premios que recoñecen a Excelencia do Turismo e da Gastronomía da provincia de Lugo impulsados pola institución provincial. O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este martes, 19 de maio, as bases e a información da convocatoria deste ano que busca recoñecer dun xeito honorífico o labor de persoas; entidades públicas e privadas; así como actividades e proxectos que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento turístico, á innovación, á sustentabilidade e á posta en valor da gastronomía lucense. O prazo para participar estará aberto ata o 20 de xuño e as candidaturas deberán presentarse de forma telemática a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo.
Poderán optar aos premios persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas,...
leer más











