O Concello de Cervo anuncia que este domingo, día 6 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas a Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, acollerá o I Concurso de Puzzles Sargadelos peza a peza, unha proposta novidosa impulsada por HAI LARÁN, Escape Room & Espazo Creativo.
“Un reto por parellas no que o enxeño, a concentración e o traballo en equipo serán fundamentais para completar o puzle no menor tempo posible”, explica o Concello de Cervo, que engade: “a iniciativa conta cunha excelente resposta e estímase a participación dunhas 40 parellas, que se darán cita neste escenario singular do Conxunto Histórico de Sargadelos para compartir unha mañá de diversión e creatividade.
Haberá premios para os tres mellores tempos, así como un recoñecemento ao mellor tempo local.
Desde o Concello de Cervo animan “a seguir apoiando iniciativas que combinan cultura, ocio, creatividade e dinamización do noso patrimonio, e desexamos moita sorte a todas as parellas participantes”.


