puzles
O Concello de Cervo anuncia que este domingo, día 6 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas a Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, acollerá o I Concurso de Puzzles Sargadelos peza a peza, unha proposta novidosa impulsada por HAI LARÁN, Escape Room & Espazo Creativo.
“Un reto por parellas no que o enxeño, a concentración e o traballo en equipo serán fundamentais para completar o puzle no menor tempo posible”, explica o Concello de Cervo, que engade: “a iniciativa conta cunha excelente resposta e estímase a participación dunhas 40 parellas, que se darán cita neste escenario singular do Conxunto Histórico de Sargadelos para compartir unha mañá de diversión e creatividade.
Haberá premios para os tres mellores tempos, así como un recoñecemento ao mellor tempo local.
...
leer másA Asociación Española de Puzzles organiza o III Concurso Solidario Puzzleo Ribadeo este domingo, día 4 de maio, no pavillón municipal de deportes que está na rúa Alfredo Deaño, desde as 10:00 horas.
A organización do evento anuncia: “o domingo 4 de Maio volveremos puzzlear en Ribadeo. Ás 10 horas será o turno das tres categorías de infantil e ás 12 horas comezará a categoría de parellas. Esta vez queremos colaborar coa Asociación de Enfermos con Charcot Marie Tooth (CMT), da que nos sentimos moi preto. O seu propósito é mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta enfermidade neuromuscular a través do apoio mutuo, a promoción da investigación, a concienciación respecto á realidade da enfermidade e a reivindicación dos dereitos e necesidades de todol@s afectad@s”.



