Charlas

30/05/2026

A Deputación de Lugo e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poñerán en marcha unha programación formativa de 20 obradoiros gratuítos dirixidos á cidadanía, co obxectivo de “ofrecer ferramentas para identificar e combater a desinformación, fomentar o pensamento crítico e promover un consumo responsable da información no actual contexto dixital”. Así o anunciou no Pazo de San Marcos a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto á decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Belén Regueira, durante a presentación desta iniciativa, que percorrerá 19 concellos da provincia ao longo de todo o ano, entre eles os municipios mariñáns de Barreiros, Burela, Foz, Trabada e Viveiro.

Carmela López agradeceu ao Colexio a implicación para promover esta proposta “útil, necesaria e moi conectada coa realidade que vivimos...

leer más
28/05/2026

A Sociedade Cultural A Rula, de Foz, comeza este venres, día 29 de maio, ás 17:00 horas no Cenima a iniciativa titulada Parolas na Rula. Nesta ocasión o acto está dedicado ás mulleres do mar de Foz.

“Arrancamos coas Parolas na Rula. Comezamos coas mulleres do mar de Foz: redeiras, pescantinas, as que foron á fábrica. Queremos unha rúa para todas e máis aínda botar unha parolada con elas! Queremos que elas tomen a palabra e que nos conten. É a nosa homenaxe, que ben ganado o teñen! Estades todas convidadas e para as que xa non están, vide lembralas e falarnos delas. Seguro que tedes moitas historias que contarnos!”, anuncia a Sociedade Cultural A Rula.

Etiquetas:
19/05/2026

Acisa Ribadeo organiza xunto co Polo de Emprendemento de Mondoñedo o vindeiro 27 de maio unha xornada centrada na transmisión de negocios e no relevo xeracional no comercio local. A actividade desenvolverase a partir das 20:15 horas na Casa da Cultura de Ribadeo e está dirixida tanto a empresarios e empresarias como a persoas emprendedoras interesadas en coñecer as oportunidades existentes neste ámbito.

A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, indica que “baixo o título de Transmisión de negocios no comercio de Ribadeo, a iniciativa pretende converterse nun espazo de encontro, comunicación e intercambio de experiencias entre os nosos asociados e asociadas e persoas que estean valorando emprender ou dar continuidade a negocios xa existentes. O relevo xeracional é algo que nos...

leer más
16/05/2026

O Teleclube de Santalla, no municipio de Ribadeo, acollerá a charla titulada Envellecemento en clave humor: segredos para vivir máis e mellor a cargo do doutor José Antonio Flórez Lozano, que é catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidad de Oviedo. Será o luns  18 de maio ás 19:00 horas.

É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo, a través da Delegación de Benestar Social, Saúde e Familia.

Etiquetas:
12/05/2026

Este xoves, día 14 de maio, ás 18:00 horas celebrarase no salón de actos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo unha charla informativa sobre adolescencia e ocio nocturno. O relator é Martín Camba Conde, policía en Santiago de Compostela. A entrada será libre e gratuíta.

É unha actividade organizada pola Asociación de Familias Esteo, que anuncia: “o vindeiro xoves, 14 de maio, ás 18:00 horas teremos unha sesión informativa para familias e rapazada sobre o ocio nocturno. O policía local Martín Camba é o encargado de levar a cabo estas charlas e encontros divulgativos onde explica a normativa sobre ruídos e convivencia tanto a estudantes como a familias e profesorado da mocidade que comeza a saír de noite. Calquera persoa interesada está convidada a asistir”.

11/05/2026

O Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 16 de maio, ás 17:00 horas haberá un novo faladoiro de Arruguiñas Charlando. Será no local social da Asociación Terramar, na Casa do Mar.

Susana Vázquez Fernández (coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda) ofrecerá o faladoiro titulado Xestión do ánimo, “centrado en aprender a relaxarnos, pensar en positivo e coidar a mente para mellorar o noso benestar emocional. Un encontro aberto á veciñanza para compartir, aprender e coidarnos entre todos e todas”.

É unha actividade organizada polo Concello de Cervo co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.

 

11/05/2026

O Centro de Formación e Recursos de Lugo e o Concello de Viveiro anuncian unha nova sesión do ciclo de charlas pensado para o benestar das familias: “desta volta, trataremos un tema fundamental para a saúde e o futuro dos nosos fillos e fillas: a prevención de adiccións na mocidade. A relatora será María Teresa Lanza, da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela”. Terá lugar este martes, día 12 de maio, ás 19:00 horas no Conservatorio de Música de Viveiro.

A entrada é gratuíta e o aforo limitado ata completar os sitios dispoñibles.

Etiquetas:
10/05/2026

O día 15 de maio, venres, ás 19:00 horas na Praza de Abastos de Burela terá lugar unha conferencia-coloquio arredor das migracións, “un espazo para a reflexión e o diálogo sobre cuestións clave como os bulos, o activismo e a regularización”, anuncia o Concello de Burela.

O encontro contará coa participación de Luzía Oca González, antropóloga docente na USC; Gabriela L. Frías Goytia, psicóloga especializada en migracións; e Soledad Paola Lucero Toapanta, fundadora da ONG Mobilidad Humana.

09/05/2026

Xosé Manuel Beiras ofrecerá unha conferencia sobre Francisco Fernández del Riego en Vilanova de Lourenzá este domingo, día 10 de maio, ás 12:30 horas.

A charla, titulada Paco del Riego e a cultura lúdica galega, terá lugar no salón de actos do Concello de Lourenzá e será presentada por Isabel Vilalba Seivane (labrega, sindicalista e veciña do val).

Esta conferencia está incluída no programa de actividades do VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico - II Escola de Verán de Xogos Tradicionais Iberia Ludens, sobre Xogo, sustentabilidade e inclusión.

Etiquetas:
08/05/2026

O Concello de Ribadeo organiza a segunda edición dos Encontros de Familias, que terán lugar os sábados 23 de maio, 6 e 13 de xuño.

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, explica que “os Encontros de Familia son un espazo para reflexionar e compartir experiencias. Nesta segunda edición contaremos coa colaboración da Asociación Guillem Veiga Iglesias”.

O programa deste 2026 inclúe tres encontros: 23 de maio, Comprender a conduta; 6 de xuño, Relacións e conflitos sociais; e 13 de xuño, Responsabilidade e autonomía.

Elena Sierra subliña que “nestes encontros reflexionaremos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo benestar emocional e...

leer más