evento

Etiquetas:
11/09/2026

O Concello anuncia que Burela “quenta motores para unha fin de semana na que o surf será o gran protagonista na praia da Marosa. Este sábado ,12 de setembro, dará comezo o Iberdrola Surfing Day Burela 2026, unha cita que durante dous días reunirá deporte, igualdade, participación, formación, sustentabilidade e divulgación arredor do surf. A programación contará con preto de 50 deportistas procedentes de diferentes puntos de España e con nomes de referencia como Melania Suárez, campioa da Liga Pro 2025, e María Martín-Granizo, campioa do mundo de parasurfing. Tamén participarán Nicolás García Andrade, campión de Europa en 2025, e o seu irmán Martín García Andrade, campión do circuíto europeo en 2025”.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca “a oportunidade que supón para o municipio acoller esta cita, que chega á provincia de Lugo por...

leer más
Etiquetas:
07/09/2026

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, participou na presentación oficial do Iberdrola Surfing Day Burela 2026, unha iniciativa que “converterá Burela os próximos 12 e 13 de setembro nun punto de encontro arredor do surf, o deporte feminino, a igualdade, a participación, a sustentabilidade e a vinculación coa Mariña lucense. Trátase dun evento que chega á provincia de Lugo por primeira vez, tras celebrase en Nigrán ou Gran Canaria e que reunirá tanto a estrelas do surf como afeccionados a este deporte”.

A presentación tivo lugar na praia de A Marosa, e a mandataria provincial estivo acompañada polo Presidente da Federación Española de Surfing, Román Díez;  o representante institucional en Galicia de Iberdrola, Francisco Silva,  e o Presidente do Burela Surf Club,  Iván Penelo.

...
leer más
26/11/2025

O venres 5 de decembro ás sete da tarde a Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo (rúa Antonio Otero, 19), acollerá o evento titulado Soberanía Dixital IX: Administración electrónica. Ferramentas e axuda.

Está organizado polo colectivo amarinha.gal, que anuncia: “unha actividade pensada para favorecer o manexo e control das ferramentas coas que nos relacionamos coas institucións. Quen queira participar e teña algunha dúbida aínda está a tempo non só de preguntar na sesión senón tamén de facer propostas para tratar ferramentas ou temas en concreto, para o que se pediu ós asistentes que transmitiran as necesidades que observen, da petición de cita no Sergas á instalación de Chave365 ou o certificado dixital, por poñer varias posibilidades. Para transmitilas pódese poñer en contacto con Mario Penelo ou outro...

leer más
29/05/2025

A Praza de Abastos de Viveiro será escenario este sábado, día 31 de maio, pola mañá do Día dos Mercados, unha iniciativa posta en marcha pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia que ten como fin poñer en valor a compra local e a profesionalidade dos praceiros e praceiras, así como incentivar o consumo dos produtos frescos. Anúnciao o Concello.

No Día dos Mercados a Praza de Abastos de Viveiro contará con postos de venda efémeros e con música a cargo de Amigos do Folk.

29/05/2025

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza un evento para entregar os premios do seu concurso das Letras Galegas titulado Qué botas en falta no teu concello?. Será este sábado, día 31 de maio, ás 19:30 horas no Teatro Pastor Díaz e actuará o grupo folclórico Fol do Raxal, de Cervo.

O prezo das entradas é de 3 euros e recolleranse o mesmo sábado no Teatro a partir das 7 da tarde.

26/09/2024

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, organiza un evento con xornada de portas abertas para presentar o curso 2024-25. Será este venres, 27 de setembro, no auditorio Pascual Veiga.

As actividades comezarán ás 19:30 horas, para as 20:15 está programada a recollida de horarios e ás 20:30 horas haberá chocolatada.