A Praza de Abastos de Viveiro celebra o Día dos Mercados este sábado, 31 de maio

A Praza de Abastos de Viveiro será escenario este sábado, día 31 de maio, pola mañá do Día dos Mercados, unha iniciativa posta en marcha pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia que ten como fin poñer en valor a compra local e a profesionalidade dos praceiros e praceiras, así como incentivar o consumo dos produtos frescos. Anúnciao o Concello.

No Día dos Mercados a Praza de Abastos de Viveiro contará con postos de venda efémeros e con música a cargo de Amigos do Folk.