Ximcana
O Concello de Barreiros organiza, a través do obradoiro Máis emprego, unha Xincana Master Chef, coa que as nenas e nenos descubrirán xogando a importancia dunha boa alimentación. A actividade, que está dirixida á cativada de 5 a 14 anos, terá lugar este xoves, 4 de setembro, ás 10:30 horas na Praza do Concello.
“Esta xincana será unha aventura educativa centrada nas froitas e nos hábitos nutricionais onde, a través de divertidas probas físicas e de coñecemento, a cativada aprenderá a identificar alimentos, coñecerá a pirámide alimentaria e porá a proba os seus sentidos. As familias interesadas en inscribir as súas crianzas (de 5 a 14 anos) poden facelo chamando ao teléfono do Concello 982.124.002. As prazas son limitadas. As nenas e nenos que asisten esta semana ao campamento +Concilia Verán non precisan inscrición xa que a...
leer más