Exposiciones
Xa se pode visitar na sala de exposicións da primeira planta da Casa da Cultura de Burela a mostra titulada Os Maragatos da Porta de San Pedro, organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro. O horario de apertura é de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas.
A exposición foi inaugurada este mércores, 17 de xuño, nun acto no que participaron Carmela López, alcaldesa de Burela; Lina Gómez, concelleira de Cultura; e Xulio Xiz, presidente de Egeria.
Durante a presentación, a alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou: “dende o Concello seguimos apostando por achegar á veciñanza propostas culturais diversas e de calidade, que permitan coñecer historias e tradicións que forman parte da nosa identidade".
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, convidou...
leer másEste mércores, 17 de xuño, inaugurouse no Museo do Mar, de San Cibrao (Cervo), a instalación téxtil titulada Nó que non esquece, unha obra creada man a man entre Irene Trapote e as redeiras que gardan a técnica
e a memoria deste oficio na Mariña.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “a peza, creada dentro do proxecto Facer territorio atando cabos, comisariado por Sergio Marey, como símbolo de recoñecemento aos oficios do mar e reparación fronte á invisibilizacion histórica que relegou as mulleres a un segundo plano dentro do relato da cultura mariña”.
O deputado provincial de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, acompañou a artistas e redeiras na inauguración da obra, confeccionada con corda de cáñamo, impresión de fotografía de arquivo sobre loneta de algodón e fío de lá galega. Sinalou que “o Museo do Mar...
leer másO Concello de Burela anuncia que a Casa da Cultura da localidade acollerá a exposición titulada Os Maragatos da Porta de San Pedro, organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro. Despois de percorrer diversas cidades e vilas de toda Galicia, de León e de Salamanca, a mostra chegará a Burela ás 13:00 horas deste mércores, día 17 de xuño, e estará dispoñible ata o 1 de xullo.
“A exposición está composta por doce paneis en galego e castelán, e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entregará gratuitamente aos visitantes”, explica o Concello de Burela, que engade: “a historia narrada na mostra comeza en 1880, cando a primeira...
leer másO Ribadeo Indiano 2026 renderá homenaxe ás mulleres emigrantes coa iniciativa titulada Elas tamén marchaban. Será cunha ampla programación que inclúe charlas e unha exposición fotográfica, entre outras actividades.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “o Ribadeo Indiano 2026 quere visibilizar á muller ribadense que emigrou, porque elas tamén marcharon”.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, pide a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo para poder construír esta mostra fotográfica: “animamos á xente a que se pase pola biblioteca municipal, preferentemente pola mañá, a levar fotos das mulleres da súa familia que emigraron e que nos conten un pouco a súa historia para poder montar a exposición. As fotos xa as escaneamos no momento. Todo este proceso temos que telo listo antes do...
leer másCervo acollerá do 4 de xuño ao 10 de xullo unha exposición sobre o humorista gráfico Antonio Mingote
O concello de Cervo acollerá do 4 de xuño ao 10 de xullo a exposición titulada Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote, da man de ABANCA e Afundación.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, participou na sinatura do convenio na Casa do Concello, xunto ao coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Teijeiro Pita, e á coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano, “para facer posible a chegada desta destacada mostra ao municipio”.
Grazas á colaboración entre o Concello de Cervo, ABANCA e Afundación, a veciñanza poderá desfrutar desta proposta cultural na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cervo do 4 de xuño ao 10 de xullo. A inauguración oficial da exposición terá lugar o mércores 4 de xuño ás 11:00 horas na Casa da Cultura.
... leer másO Complexo Cultural Regal Xunqueira, no municipio de Viveiro, acollerá unha exposición de pinturas de Carmen Prado desde este venres, día 29 de maio, ata o 30 de xuño. A mostra titúlase Coma sempre e será inaugurada ás 20:30 horas na sala de exposicións de Regal Xunqueira. No acto servirase un viño e algo de comer, anuncia a organización.
Carmen Prado, de Rábade, é “unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición. Tras máis de 20 anos dedicada ao debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializados, realiza en 2013 a súa primeira exposición pictórica. Nestes anos a súa obra chegou a Inglaterra, Irlanda, Dinamarca, Francia, Andorra, Marrocos, Portugal, Houston, Italia, Noruega e a gran parte do territorio español. Os aspectos máis salientables da súa obra son o uso da cor e que pinta, eminentemente...
leer másO concello de Cervo acollerá do 20 de maio ao 2 de xuño a exposición titulada Os Maragatos da Porta de San Pedro, unha mostra organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, coa colaboración do Concello, que poderá visitarse na Sala Cultural Xosé Vizoso, situada no edificio das Carboeiras, no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos.
A inauguración oficial terá lugar o mércores 20 de maio ás 12:00 horas, nun acto aberto ao público no que se presentará esta proposta expositiva que “afonda nas raíces maragatas da familia Pérez-Carro e na súa vinculación histórica coa cidade de Lugo ao longo de máis de 145 anos”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a mostra está composta por doce paneis redactados en galego e castelán, nos que se realiza un percorrido pola traxectoria da familia Pérez-Carro desde a súa...
leer másO Concello de Viveiro inaugura este martes, 19 de maio, a exposición Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia, unha mostra que poderá visitarse nos xardíns de Noriega Varela ata o próximo 9 de xuño e que achega ao público a historia e evolución das orquestras de verbena galegas ao longo do último século.
“A exposición, organizada pola Biblioteca de Galicia e comisariada por Zósimo López Pena e Henrique Neira Pereira, realiza un percorrido pola evolución das orquestras galegas desde as primeiras bandas de música e jazz bands das primeiras décadas do século XX ata os actuais espectáculos audiovisuais que continúan enchendo festas e verbenas por toda Galicia e tamén fóra dela”, anuncia o Concello de Viveiro, que engade: “a través de programas de festas, fotografías, carteis, discos de vinilo, casetes e outros...
leer másO deputado provincial Daniel García inaugurou este martes no Cenima de Foz a exposición Tecendo redes: Migración, Arte e Lugo, impulsado pola Rede Museística Provincial e a Asociación Rioplatenses de Lugo no marco do proxecto Museo da Migración. A mostra reúne nove propostas plásticas de artistas de diferentes países, disciplinas e contextos culturais que reflicten experiencias vitais vinculadas á migración ou á diversidade cultural. Pedro Cantero, Alisa Smirnova, Cris Bamio, Hanoi Vidal, Evelin Ruiz, Soila Jankowska e Juan Pablo Mastroianni son as e os artistas detrás desta exposición colectiva que poderá verse ata o 27 e xuño nas salas do Cenima.
Daniel García sinalou “A Mariña como o marco idóneo para acoller esta mostra que busca crear espazos de participación, convivencia e diálogo arredor das experiencias migratorias. Temos...
leer másO Complexo Cultural Regal Xunqueira, que está nesa parroquia do municipio de Viveiro, acollerá unha exposición de pinturas da artista ferrolá María José Leira. Esta mostra, titulada Buracos por onde entra o aire, será inaugurada este venres, día 10 de abril, as 20:30 horas e poderá visitarse ata o día 28 de maio
A artista explica: “fan falta máis de sesenta uns para contar os anos que levo traballando na pintura de cadros. Aprendín de nova debuxando a realidade -hoxe pregúntome cal realidade-; despois mergulleime nos ismos: puntillismo, expresionismo, cubismo, orfismo, fauvismo, futurismo e dadaísmo,… cos que aprendín a desaprender o que aprendera e a mirar cara a dentro. Deste xeito hoxe pinto elementos amoreados, comprimidos, insinuados ou rematados, cheos de cor, libres da vacua verborreira, para deleite ou desgusto de quen os...
leer más












