Xove

Etiquetas:
04/11/2026

A Concellería de Cultura do Concello de Xove anuncia que a Festa Infantil de Samaín, prevista inicialmente para o pasado sábado e que foi  aprazada, celebrarase finalmente este próximo sábado, día 7 de novembro, ás 17:00 horas no salón de actos do Centro Cívico de Xove.

O Concello de Xove explica que “o aprazamento da actividade estivo motivado polo loito e como mostra de respecto e lembranza ás vítimas do accidente ferroviario acontecido en Toledo. Neste momento retomamos esta celebración pensada especialmente para os máis pequenos e pequenas da casa, e desde a Concellería de Cultura queremos convidar a toda a infancia de Xove a achegarse e gozar dunha tarde chea de diversión, xogos, música e ambiente de Samaín”. E anima “a todos os nenos e nenas a vir disfrazados e con moitas ganas de pasalo ben, para compartir unha tarde especial na que...

leer más
Etiquetas:
20/10/2026

O Concello de Xove anuncia que a Asociación Cultural Saíñas organiza este sábado, 24 de outubro, a XVII Foliada da Mariña, “unha cita imprescindible para os amantes da música e do baile tradicional galego. A celebración terá lugar a partir das 17:00 horas na praza do Concello de Xove, onde os asistentes poderán gozar dunha tarde e noite cheas de música, baile e tradición”.

A foliada contará con diversas actuacións que amenizarán a xornada e que “converterán Xove nun punto de encontro para todas aquelas persoas que desfrutan do noso folclore e das nosas tradicións”, explica o Concello, que engade: “a maiores da participación dos distintos grupos de bailadores, gaiteiros e pandereteiras da A.C Saíñas a partir das 17:00 horas tamén serán participes desta foliada O Arco da Vella, Gamelas e Anduriñas e Pensamento e Sementeira. Pola noite, a partir das 21:00 horas contarán coa...

leer más
Etiquetas:
19/10/2026

A Asociación Cultural Saíñas, de Xove, celebra este sábado, día 24 de outubro, unha nova edición da Foliada da Mariña, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O deputado provincial Daniel García e integrantes do colectivo cultural presentaron o programa deste encontro,  que “encherá a Praza do Concello de música e baile tradicional a partir das 17.00 horas”, anuncia a Vicepresidencia da Deputación, que engade: “as actuacións de Pensamento e Sementeira, de Viveiro; Arco da Vella, de Barreiros; Gamelas e Anduriñas e das formacións de gaita e pandeireta de Saíñas  abrirán a xornada, que contará con concertos de Alana e Os do Fondo da Barra”.

Daniel García reafirmou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co asociacionismo de base” que, lembrou, “ten un papel fundamental na...

leer más
19/10/2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña anuncia que esta fin de semana, sábado 24 e domingo 25 de outubro, os Plans con corazón chegan a Mondoñedo e Xove, lugares nos que disfrutar do seu patrimonio cultural e natural da man de guías locais. Baixo o título Mondoñedo das letras e da música desenvolverase o sábado unha actividade que consistirá nun paseo polos fondos literarios da localidade e pola memoria das súas persoas ilustres; e o domingo será a quenda de Xove, cun roteiro á beira do río Rigueira baixo o título O San Antonio da Rigueira e a ruta dos muíños.

“Quedan as últimas prazas libres para a actividade do domingo en Xove, mentres que a do sábado en Mondoñedo xa ten todas as prazas cubertas. As persoas interesadas deben formalizar a inscrición o antes posible a través do enlace:...

leer más
Etiquetas:
18/10/2026

Xove celebrará a XVII Foliada da Mariña o día 24 de outubro, sábado. Está organizada pola Asociación Cultural Saiñas, que anuncia: “chega a XII Foliada da Mariña, unha tarde noite para encher a Praza do Concello de música, baile, tradición e moita festa. E este ano, ademais, acompañaranos diferentes grupos da comarca para facer desta foliada unha celebración aínda máis especial. E, por suposto, tamén gozaremos das actuacións de Alana e Os do Fondo da Barra, para rematar a noite cunha foliada libre”.

As actividades comezarán ás 17:00 horas, Alana actuará ás 21:00 horas e a continuación farano Os do Fondo da Barra.

Etiquetas:
29/09/2026

Máis de 300 persoas procedentes de Galicia, de Asturias e Castela León, participarán este sábado, 3 de outubro, no XV Encontro de Palilleiras Coas Nosas Mans do Concello de Xove. O prazo de inscrición, que remata este mércores, 30 de setembro, permaneceu aberto durante este mes de setembro, período no confirmaron a súa asistencia xa un total de 21 postos de venda de artesanía e encaixes e máis de 300 palilleiras, explica o Concello de Xove, que tamén anuncia que o acto estará amenizado pola mañá co grupo de gaiteiros da Asociación Cultural Saíñas de Xove e pola tarde co grupo de pandereteiras do mesmo colectivo.

“Agardamos que, como cada ano, o evento serva para intercambiar técnicas e coñecementos relacionados co arte do encaixe e, sobre todo, para reencontrarse con amizades que ao longo do tempo se foron formando e consolidando...

leer más
25/09/2026

O concello de Xove anuncia que pon o peche á tempada festiva no municipio coa celebración da Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, na parroquia de Xuances, que terá lugar os días 2, 3 e 4 de outubro. “Trátase dunha cita xa consolidada no calendario festivo de Xove e que este ano terá un significado moi especial ao coincidir coa celebración do XX aniversario da festa e da Asociación Cultural e de Festexos O Alto do Cruceiro, entidade que leva dúas décadas ao fronte da organización”, explica o Concello de Xove, que engade: “despois das celebracións de Portocelo, a principios do mes de setembro, a Festa do Ramo será a encargada de poñer o broche final ás festas da tempada no termo municipal de Xove cun completo programa pensado para todos os públicos, combinando gastronomía, música, tradición e convivencia”.

Os festexos comezarán o xoves 2 de...

leer más
Etiquetas:
24/09/2026

O Concello de Xove presentou o XII Concurso de Fotografía Medioambiental, unha iniciativa promovida polo Departamento de Medio Ambiente que ten como obxectivo “fomentar o interese pola contorna natural do municipio e contribuír á súa divulgación e posta en valor a través da fotografía”. As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas fotografías ata o 30 de outubro de 2026. As obras poderán entregarse no Rexistro de Entrada do Concello de Xove ou enviarse por correo postal ordinario, facendo constar no sobre a data de presentación.

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte, foron os encargados de presentar esta duodécima edición, que “volve poñer o foco na natureza, a costa e o mar de Xove, elementos que forman parte esencial da identidade e do patrimonio ambiental do municipio”.

...

leer más
Etiquetas:
22/09/2026

O Concello de Xove anuncia que Escola Municipal de Música comezará as clases do novo curso o vindeiro 3 de outubro e as persoas interesadas en matricularse poderán formalizar a súa inscrición ata o 30 de setembro nas oficinas municipais.

A Escola Municipal de Música de Xove desenvolveu durante a xornada deste martes, 22 de setembro, unha actividade de divulgación musical nos centros educativos do municipio, desprazándose ata o IES Illa de Sarón e o CEIP Pedro Caselles Rollán para ofrecer unha serie de concertos didácticos dirixidos ao alumnado.

Mestres e alumnos da Escola participaron nestas actuacións, nas que interpretaron diferentes pezas musicais ao tempo que explicaban diversos recursos, elementos e formas musicais. A iniciativa “permitiu achegar a música ao alumnado dunha maneira dinámica e participativa,...

leer más
20/09/2026

A Subdelegación de Defensa en Lugo, en colaboración co Concello de Xove, presenta ata o día 27 de setembro unha “interesante exposición fotográfica que nos achega á realidade xeográfica, social e económica de Afganistán, así como á presenza militar española no país”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “a mostra reúne 30 fotografías, paneis informativos, uniformes e diverso material que permiten coñecer as diferentes fases da misión das Forzas Armadas españolas, desde 2001 ata finais de 2014, no marco da ISAF (Forza Internacional de Asistencia para a Seguridade)”.

O Concello de Xove tamén explica que “as imaxes amosan o traballo desenvolvido en ámbitos como a asistencia sanitaria, a seguridade, a loxística, o control e a vixilancia, así como as relacións entre o pobo afgán e os nosos militares. Unha exposición que tamén nos invita a...

leer más