Encontro

09/10/2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, e representantes da Federación galega pola cultura marítima e fluvial (Culturmar) mantiveron unha reunión preparatoria do XVIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará en Ribadeo entre os días 1 e 4 de xullo do próximo ano. Por parte dos organizadores asistiron á xuntanza a presidenta e o secretario de Culturmar, Mónica Leiro e Marcos Buide respectivamente, así como Pablo Fernández, presidente da asociación ribadense Talameira, anfitrioa desta edición. Tamén participou Marta Saiz, concelleira responsable de Promoción Económica e de Turismo do Concello de Ribadeo.

A Xunta de Galicia explica que “este evento bianual, que chega por primeira vez á costa cantábrica, concentra máis dun cento de embarcacións tradicionais galegas e doutras partes da península e...

leer más
Etiquetas:
08/10/2026

Ribadeo acollerá o día 16 de outubro, venres, o I Encontro Forestal do Noroeste, no que diferentes expertos analizarán o presente e o futuro do sector.

O alcalde, Dani Vega, anunciou que “Ribadeo vai acoller o primeiro Encontro Forestal do Noroeste. Queremos analizar un sector que está causando un impacto positivo no territorio, en toda a comunidade galega, tamén analizar o sector en Ribadeo e contamos coas dúas administracións, tanto o Principado de Asturias como a Xunta de Galicia, e tamén distintas entidades como Lugo Madera, Ence e o Concello de Ribadeo, que é o que acolle e recibe este foro”.

O rexedor tivo palabras de agradecemento para o Centro Pedro Murias: “por seguir avanzando na análise, na investigación e nos retos nos que todos debemos traballar para que o sector forestal siga medrando. Hai que...

leer más
Etiquetas:
29/09/2026

Máis de 300 persoas procedentes de Galicia, de Asturias e Castela León, participarán este sábado, 3 de outubro, no XV Encontro de Palilleiras Coas Nosas Mans do Concello de Xove. O prazo de inscrición, que remata este mércores, 30 de setembro, permaneceu aberto durante este mes de setembro, período no confirmaron a súa asistencia xa un total de 21 postos de venda de artesanía e encaixes e máis de 300 palilleiras, explica o Concello de Xove, que tamén anuncia que o acto estará amenizado pola mañá co grupo de gaiteiros da Asociación Cultural Saíñas de Xove e pola tarde co grupo de pandereteiras do mesmo colectivo.

“Agardamos que, como cada ano, o evento serva para intercambiar técnicas e coñecementos relacionados co arte do encaixe e, sobre todo, para reencontrarse con amizades que ao longo do tempo se foron formando e consolidando...

leer más
Etiquetas:
16/09/2026

A Área de Muller e Igualdade do Concello de Xove anuncia que despois de abrir o prazo de inscrición o pasado 1 de setembro para a XV edición do tradicional Encontro de Palilleiras Coas nosas mans do Concello de Xove, que se celebrará o 3 de outubro, “xa se anotaron máis dun centenar de persoas para a súa participación no encontro e máis de vinte postos de venta de produtos e artesanía de Galicia. Unha tendencia que está sorprendendo á organización é o aumento significativo de palilleiras de fóra da comunidade de Galicia anotadas ata este momento, sendo as comunidades de Asturias e León as máis representativas en número de participantes”.

O Concello destaca que este evento “representa un acontecemento para o pobo de Xove, pois recibe mulleres de tódalas partes de Galicia e de fóra, que intercambian técnicas na arte do encaixe e...

leer más
Etiquetas:
09/09/2026

Ribadeo celebrará o III Encontro Día do Xubilado o 27 de setembro, segundo ven de anunciar a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra. A retirada das tarxetas, ao prezo de 15 euros por comensal, pode realizarse ata o día 23 na Área de Benestar Social de 9 a 14 horas.

A edil ribadense explicou: “el domingo 27 de septiembre celebraremos el tercer Encuentro Día del Jubilado. Será en la explanada de la lonja, en el puerto, en la que todos juntos compartiremos una comida que será servida por Catering Sarredo. La retirada de entradas se hará en el auditorio municipal, en el Área de Bienestar Social, en horario de 9 a 14 horas desde mañana, día 10. El precio por comensal será de 15 euros y el pago se efectuará con tarjeta de crédito. La fecha límite para la retirada de entradas será el 23 de septiembre”.

Elena Sierra...

leer más
Etiquetas:
31/07/2026

O XXXVIII Encontro de Corais Galaico-Astur celébrase este sábado, día 1 de agosto, na basílica de San Martiño (Foz) ás 19:30 horas.

Está organizado pola Coral Polifónica de Foz xunto á que actuarán estas tres formacións: Coral Villa Blanca, de Luarca; Coral Polifónica de Cariño; e Coral Capilla de la Torre, de Villaviciosa.

Etiquetas:
26/06/2026

A décimo sétima edición do Encontro Internacional de Corais Vila de Foz terá lugar na basílica de San Martiño este sábado, día 27 de xuño, ás 19:30 horas.

Será o terceiro Memorial Carmen Alonso e actuarán a Coral Real Capilla, de Aranjuez; o Orfeão da Madalena, de Vila Nova de Gaia (Portugal) e a Coral Polifónica de Foz, que é a organizadora deste evento, que patrocina o Concello de Foz.

Etiquetas:
19/06/2026

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo organiza un encontro de networking para mulleres emprendedoras na Casa do Cabo, en Morás (Xove). A xornada busca “impulsar o intercambio de experiencias e colaboracións entre proxectos emprendedores do territorio liderados por mulleres”. Será o luns 22 de xuño de 16:30 a 18:00 horas.

O Concello de Xove anuncia: “encontro de networking para mulleres emprendedoras: un espazo pensado para ti, que estás creando, impulsando ou soñando un proxecto propio na contorna do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo. Será moito máis ca unha xornada: será unha oportunidade para coñecernos, compartir experiencias reais do camiño emprendedor e xerar alianzas que poden abrir novas portas. A cita será na Casa do Cabo, en Morás-Xove, un lugar especial onde o mar e a terra se atopan ao carón...

leer más
Etiquetas:
02/06/2026

Este sábado, día 6, terá lugar o segundo Encontro de Familias, organizado pola Área de Benestar Social, Saúde e Familia do Concello de Ribadeo e pola asociación Guillem Veiga Iglesias. 

O programa deste 2026 inclúe tres encontros, un que tivo lugar o pasado 23 de maio, o deste sábado, e o vindeiro 13 de xuño. 

A concelleira Elena Sierra explica que “as Relacións e conflitos sociais: cómo axudar á infancia a relacionarse mellor centrarán a xornada deste sábado, que se desenvolverá no centro sociocomunitario de Ribadeo en horario de 11:30 a 13:30 horas”. 

Sierra subliña que “nestes encontros reflexionamos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo benestar emocional e social das nosas...

leer más
Etiquetas:
29/05/2026

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña Ortegal organiza un encontro o día 4 de xuño, xoves, ás 17:30 horas en Viveiro para a avaliar o seu impacto no territorio.

“Despois de xestionar varias convocatorias do programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura, chega o momento de facer a avaliación intermedia da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña Ortegal. O principal obxectivo deste traballo é o de ver o impacto e resultados que tivo a aplicación da citada estratexia no territorio. Facendo eco do enfoque participativo deste programa, dende o GALP considérase que é moi importante contar opinión de todas as persoas e entidades que dalgún xeito contribuíron ao desenvolvemento desta zona costeira. Por este motivo, o GALP A Mariña...

leer más